Saltar ao contido

Cótila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cótila
Imaxe
 Subclase de
Localización
 País de orixe
Cifras e dimensións
 Conversión a unidade estándar
0.25 choinix (en) Traducir
6 cyathus (en) Traducir
0.03125 hekteus (en) Traducir
1 hemina (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/02r1y3s Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A cótila (grego: κοτύλη) é unha cunca pequena e profunda de dúas asas de uso puramente doméstico na Antiga Grecia.

Tamén se usaba este termo para expresar a súa medida de capacidade, equivalente aproximadamente un cuarto de litro[1] (c. 0,270 l, a metade do xestes grego e o sextario romano.

A cótila aparece xunto co aríbalo no período protocorintio antigo que vai desde o ano 730 a. C. ao 700 a. C. Estas novas formas de vasos úsanse especialmente para marcar a cronoloxía do período protocorintio.

A evolución da cótila marcarase pola súa decoración, pasando dun vernizado completo até ser substituído por unha serie de liñas horizontais paralelas, con alternancia de bandas claras e escuras.

No sueste da Península Ibérica atopáronse exemplares nos Toscanos, Almuñécar e o Cerro del Peñón en Vélez-Málaga. Outros exemplares expóñense no museo do Louvre e en Corfú.

  1. "Dicionario; cótila". Real Academia Galega. Consultado o 2023-01-23.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]