Código de cores de 25 pares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cable desfiado de 25 pares, 50 fíos (máis par piloto, branco/negro).
Táboa código de cores para 25 pares.

O código de cores de 25 pares é empregado en telecomunicacións para identificar os pares entrelazados e os fíos que os compoñen. Os cables de cobre van cubertos de plástico illante de cor. A primeira cor selecciónase de entre un grupo de cinco cores e a outra dun segundo grupo doutras cinco cores, dando 25 combinacións de dous pares de cores.

Táboa de cores[editar | editar a fonte]

As 25 combinacións de cores son as seguintes:

Táboa de cores 25 pares
Par # Primeiro fío Segundo fío Ligadura
1 Branco Azul 25
2 Laranxa 50
3 Verde 75
4 Marrón 100
5 Gris 125
6 Vermello Azul 150
7 Laranxa 175
8 Verde 200
9 Marrón 225
10 Gris 250
11 Negro Azul 275
12 Laranxa 300
13 Verde 325
14 Marrón 350
15 Gris 375
16 Amarelo Azul 400
17 Laranxa 425
18 Verde 450
19 Marrón 475
20 Gris 500
21 Violeta Azul 525
22 Laranxa 550
23 Verde 575
24 Marrón 600
25 Gris Non existe
Piloto Branco Negro

Descrición[editar | editar a fonte]

Paires d'un câble réseau UTP.jpg
4 twisted pairs.svg
Código de cores, 4 pares.

As cores dos cinco primeiros pares son as máis empregadas tanto en telecomunicacións coma nos conectores RJ-45 ou cable UTP.

As 10 cores son as empregadas en electrónica e as que forman o arco da vella.

Cada feixe de 25 pares leva asociado un par branco/negro chamado "piloto". Este par emprégase para uso técnico, supervisión.

Se o cable de telecomunicacións ten máis de 25 pares agrúpanse en feixes múltiplos de 25. Cada un destes feixes de 25 pares máis o piloto van agrupados cunha ligadura, unha cinta coas cores da ligadura. Así, os 25 primeiros pares levan unha ligadura de cor branca/azul (como se indica na táboa). Os 25 seguintes (pares do 26 ao 50) levan unha ligadura branca/laranxa, e así sucesivamente ata os 600 pares que levan unha ligadura violeta/marrón. Os cables de máis de 600 pares levan unha cinta branca para os primeiros 600 pares, os seguintes seiscentos levan a vermella, e así sucesivamente.

Co uso da fibra óptica os cables de centos de pares cada vez teñen menos uso. Cable R emprega cables de telecomuniacións cun máximo de douscentos pares.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]