César Guillán Bozo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1899 A Coruña, España |
Morte | 11 de agosto de 1978 (78/79 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, político |
Membro de | |
César Guillán Bozo, nado na Coruña en 1899 e finado na mesma cidade o 11 de agosto de 1978,[1] foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Guillán, médico municipal da Coruña. Foi ferido na Guerra do Rif en 1921. Militante da CNT, en 1930 participou no Pacto de Lestrobe xunto aos cenetistas Ricardo García Lago e Manuel Fernández Fernández, como delgado da sección VIR da Coruña. Vocal da Directiva do Centro de Estudios Sociales Germinal. En abril de 1936 foi elixido vocal da Directiva do Partido Sindicalista da Coruña que presidía Manuel Fernández Fernández[2]. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi despedido da Fábrica de Tabacos da Coruña o 14 de xullo de 1937. Reincorporouse posteriormente perdendo 11 anos de antigüidade.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Sara Suárez Barros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 12-8-1978, p. 13.
- ↑ El Pueblo Gallego, 21-4-1936, p. 8.