César Bravo
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 14 de maio de 1981 (43 anos) Barcelona, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
César Bravo Gil, nado o 14 de maio de 1981 en Barcelona, é un ex xogador de baloncesto profesional catalán. Mide 2,00 metros, pesa 105 kg e xogaba na posición de ala.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como xogador de baloncesto nas categorías inferiores do FC Barcelona, onde durante varias tempadas estivo a alternar o equipo vinculado da EBA co de ACB. Durante a súa etapa como barcelonista conseguiu os títulos máis importantes que adornan o seu palmarés: un campionato da liga ACB, unha Copa do Rei e un campionato da Euroliga, todos eles logrados durante a tempada tempada 2002-03, aínda que a súa achega á consecución dos mesmos foi moi reducida polos poucos minutos dos que gozou.
Na tempada 2003-04 tras disputar un único partido co FC Barcelona, ficha polo Leite Río Breogán tamén da ACB, co que disputa un total de 12 partidos en toda a tempada. Na tempada 2004-05 ficha por outro equipo ACB, o Ricoh Manresa, onde a súa achega tampouco é moi destacada finalizando con 24 partidos xogados e unha media de 2,5 puntos e 1,75 rebotes por encontro.
A tempada seguinte decide fichar polo Club Baloncesto Ciudad de Huelva da liga LEB onde permanece dúas tempadas. A primeira delas pasouna en branco por unha fractura no tendón de aquiles e na segunda acaba relegado moitos minutos ao banco polo que na tempada 2007-08 decide asinar por un conxunto dunha categoría inferior e ficha polo Qalat Cajasol da LEB de Prata.
O seu bo facer no equipo andaluz serviulle durante a pretemporada 2008-09 para asinar un contrato de proba por un mes co Cáceres 2016 Basket de LEB Ouro, que prorrogou dous meses máis ao seu vencimiento polo que iniciou a tempada como membro do persoal do conxunto estremeño que abandonaría tras a disputa da oitava xornada da tempada regular xa que o Cáceres 2016 decidiu non renovarlle o seu contrato temporal.[1] Ese mesmo ano asina co Cornellà da LEB Prata, continuando ao ano seguinte co equipo, esta vez na LEB Ouro. En 2010 pasaría a xogar co Prat de LEB Prata, para regresar na campaña 2011-12 á LEB Ouro da man do Menorca Bàsquet.
Clubs
[editar | editar a fonte]- FC Barcelona (1999-2003)
- Breogán (2003–2004)
- Ricoh Manresa (2004-2005)
- Ciudad de Huelva (2005–2007)
- Qalat Cajasol (2007–2008)
- Cáceres (2008)
- Cornellà (2008-2010)
- CB Prat (2010-2011)
- Menorca Bàsquet (2010-2012)
Palmarés
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1981
- Nados en Barcelona
- Alas de baloncesto
- Xogadores de baloncesto de Cataluña
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Xogadores do FC Barcelona Bàsquet
- Xogadores do Club Baloncesto Breogán
- Xogadores do Bàsquet Manresa
- Xogadores do CB Ciudad de Huelva
- Xogadores do CB Sevilla
- Xogadores do Cáceres Ciudad del Baloncesto
- Xogadores do CB Cornellà
- Xogadores do CB Prat
- Xogadores do Menorca Bàsquet