Célula mononuclear do sangue periférico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Unha célula mononuclear do sangue periférico (PBMC, do inglés Peripheral Blood Mononuclear Cell) é unha célula do sangue que ten un núcleo arredondado (o que é o oposto dun núcleo lobulado).[1] Son exemplos destas células os linfocitos, os monocito e os macrófagos. Estas células sanguíneas son un compoñente fundamental do sistema inmunitario que loita contra as infeccións e adaptación aos intrusos. A poboación de linfocitos consta de células T (CD4+ e CD8+ ~75%), células B e células NK (~25% en conxunto).

Estas células poden ser extraídas do sangue completo utilizando o composto Ficoll, que é un polisacárido hidrofílico que separa capas de sangue, e un gradiente de centrifugación,[2] o cal separará o sangue nunha capa superior de plasma, debaixo unha capa de PBMCs e no fondo unha fracción de células polimorfonucleares (como neutrófilos e eosinófilos) e eritrocitos. As células polimorfonucleares poden ser despois illadas lisando os eritrocitos. Os basófilos encóntranse ás veces tanto na fracción máis densa coma na dos PBMC.[2]

Os PBMCs son amplamente utilizados en aplicacións clínicas e de investigación.

Usos en investigación[editar | editar a fonte]

Moitos científicos que realizan investigacións nos eidos da inmunoloxía (incluíndo os trastornos autoinmunes), enfermidades infeciosas, cancros hematolóxicos, desenvolvemento de vacinas, inmunoloxía de transplantes, e screening de alto rendemento usan con frecuencia os PBMCs. En moitos casos, os PBMCs obtéñense de bancos de sangue.

Os PBMCs críase que eran unha importante vía de vacinación. Os PBMCs de pacientes de cancro poden extraerse e cultivarse in vitro. Seguidamente, os PBMCs son expostos a antíxenos específicos de tumores, como pode ser un antíxeno de célula nai tumoral. Engádense xeralmente citocinas inflamatorias para contribuír na captación e recoñecemento de PBMCs.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Delves, Peter, et al. Roitt's Essential Immunology, 11th Ed. ISBN 978-1-4051-3603-7
  2. 2,0 2,1 Miyahira, Andrea (22 Nov 2012). "Types of immune cells present in human PBMC". sanguinebio.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2016. Consultado o 23 Sep 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]