Bósforo
(tr) İstanbul Boğazı | ||||
Tipo | estreito | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Mar Negro Mar de Mármara | |||
Localización | ||||
Continente | Asia e Europa | |||
División administrativa | provincia de Istambul, Turquía | |||
| ||||
Características | ||||
Profundidade | 186 m | |||
Dimensións | 29,9 () km | |||
Área importante para as aves | ||||
Identificador | bosphorus-iba-türkiye | |||
O Bósforo é un estreito marítimo entre o mar Negro e o mar de Mármara (que no seu outro extremo comunica co mar Mediterráneo a través do estreito dos Dardanelos) e que separa Europa e Asia, á beira do cal está situada a cidade de Istambul (Constantinopla).
Hai dúas pontes sobre este estreito. A ponte Bogazici, de 1074 metros de largo, completouse en 1973. A segunda ponte, a Fatih Sultan Mehmede, posúe unha lonxitude de 1014 metros, completouse en 1988 e atópase a case a cinco quilómetros ao norte da primeira.
Un túnel ferroviario de 13,7 quilómetros foi construído e estimouse a súa entrada en funcionamento para o 2012. Aproximadamente 1400 metros do túnel foron construídos baixo o estreito, a unha profundidade de 55 metros.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome procede do grego bos: boi + foros: pasar, trasladar, xa que na antigüidade era común atravesar tal estreito cun odre inflado confeccionado coa pel dun boi. A palabra grega foi modificada posteriormente en lingua turca coma Boğaziçi.
Formación xeolóxica
[editar | editar a fonte]O Bósforo formouse ao redor do 5600 a. C., cando unha as augas do mar Mediterráneo e o mar de Mármara inundaron o val fluvial dun extenso lago de auga doce próximo que, coa irrupción das augas do mar de Mármara a través do Bósforo, converteuse no mar Negro actual.[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Marmaray tunnel completed" (en inglés). Railway Gazette International 20.10.2008. 2008. Arquivado dende o orixinal o 27/07/2010. Consultado o 09/01/2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bósforo |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Convención de Montreux: Acerca da navegación polo estreito.