Bugatti Veyron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bugatti Veyron

Matriz Grupo Volkswagen
Fabricante Bugatti
País Francia
Deseño Jozef Kabaň[1]
Produción 450 unidades[2]
Montaxe Molsheim, Alsacia, Francia
Período 2005-2015
Configuración
Tipo Automóbil superdeportivo
Segmento Segmento S
Carrozaría Cupé de 2 portas
Roadster de 2 portas
Configuración Motor central-traseiro lonxitudinal, tracción nas 4 rodas
Dimensións
Lonxitude 4 462 mm
Anchura 1 998 mm
Altura 1 206 mm
Distancia eixes 2 710 mm
Peso 1838 – 1990 kg
Características técnicas
Motor W16 de 7993 cm³
Modelos relacionados
Antecesor Bugatti EB110
Sucesor Bugatti Chiron


Parte traseira do Bugatti Veyron.

O Bugatti Veyron é un coche superdeportivo bipraza deseñado e desenvolvido polo Grupo Volkswagen e producido en Molsheim (Alsacia, Francia), polo fabricante francés Bugatti Automobiles S.A.S. dende 2005 até 2015.

Descrición[editar | editar a fonte]

A versión básica do Bugatti Veyron 16.4 fabricouse dende 2005 até 2011 e máis tarde as versións Grand Sport e Super Sport iniciáronse entre 2009 e 2010. No episodio final da tempada 14 durante a "Top Gear Awards Ceremony", o presentador Jeremy Clarkson decidiu que, sendo o final dunha década (2000-2010), deberían premiar tamén o Coche da Década, así que Clarkson comentou que o gañador deste premio tiña que ser o Bugatti Veyron, o único coche merecedor. Dende que o formato de Top Gear comezase a principios da década de 1990, soamente outorgouse unha vez este premio. O nome do coche é un recoñecemento a un dos pilotos históricos da marca: o francés Pierre Veyron.[3]

Características técnicas[editar | editar a fonte]

O Veyron conta cun motor W16 baseado en dous bloques de 8 cilindros en "V" estreita. Cando se lle pediu ao xefe de desenvolvemento de Bugatti Wolfgang Schreiber explicar como o mesmo motor pode ser clasificado en 1001 SAE de potencia neta ás 6000 rpm nos Estados Unidos, pero soamente 1001 CV (987 HP; 736 kW) para Europa, riu dicindo:

"Os motores de produción son todo pondo a cabo entre 1020 e 1040 CV (1006 e 1026 HP) (750 e 765 kW), abondo para cubrir ambas as promesas..."[4]

Cada cilindro conta cunha distribución de catro válvulas por cilindro e a configuración en V estreita permite unha árbore de levas para cada bancada de 4 cilindros, polo que o motor está equipado cun total de 4 árbores de levas. O motor é alimentado por catro turbocompresores, cunha cilindrada de 7993 cm³ (8 L; 487,8 plg³),[5] cunha relación diámetro/carreira cadrada de 86 x 86 mm (3,39 x 3,39 plg). O motor está axustado a unha caixa de cambios de dobre embrague de 7 marchas, con tracción no catro rodas permanente mediante o sistema de embrague Haldex. Utiliza os pneumáticos especiais Michelin PAX Run flat, deseñados especificamente para rodar á máxima velocidade do Veyron, que roldan os USD$ 25000 por xogo. Os pneumáticos soamente poden ser desmontados das pinas en Francia, un servizo que custa US$ 70000. O seu peso en baleiro é de 1888 kg (4162 lb), dándolle ao vehículo unha relación peso a potencia de 446,3 a 1001 CV (440,2 a 987,3 HP) (328,3 a 736,2 kW) por tonelada. A distancia entre eixos é de 2710 mm (106,7 plg) e a lonxitude total é 4466 mm (175,8 plg). Ten un total de dez radiadores:

  • 3 intercambiadores de calor para os intercoolers de aire-líquido.
  • 3 radiadores de motor.
  • 1 para o sistema de aire acondicionado.
  • 1 radiador de aceite da transmisión.
  • 1 radiador de aceite do diferencial.
  • 1 radiador de aceite do motor.

Ten un coeficiente aerodinámico de 0,36 en condición normal e de 0,41 despois de despregar o seu alerón, así como unha área frontal de 2,07 m² (3208,5 in²). Isto dálle unha área de arrastre (a combinación de coeficiente de arrastre e a área frontal, representado como CdA) de 0,74 m² (1147,0 in²).[6]

Velocidade máxima[editar | editar a fonte]

A velocidade máxima do Veyron é de 407,66 km/h (253,31 mph) e o tempo de aceleración de 0 a 100 km/h (62 mph) é de 2,5 segundos. A tracción nas catro rodas e o motor central-traseiro bríndanlle maior estabilidade e unha distribución equilibrada do peso. Se pasa dos 230 km/h (143 mph), desprégase un alerón traseiro móbil para aumentar a carga vertical, o cal debe bloquearse se se desexa acadar a velocidade máxima, a través dunha chave especial situada na porta do condutor.

Durante 2010, produciuse a versión máis potente do Veyron: o Super Sport que monta un motor similar ao do Veyron orixinal, pero cunha potencia incrementada a 1200 CV (1184 HP; 883 kW) ás 7500 rpm. Traballouse intensamente na súa redución de peso utilizando fibra de carbono e marcou unha marca Guinness de velocidade máxima de 431 km/h (268 mph).

Respecto ao modelo orixinal Veyron 16.4, o Super Sport presenta algunhas modificacións aerodinámicas co fin de corrixir algunhas deficiencias no manexo a altas velocidades, así como un aumento na distancia entre eixos en 5 cm (2 polgadas). A parte posterior tamén foi modificada con dúas saídas de ar, co cal logrou ser o Veyron máis rápido xamais fabricado.

Récords[editar | editar a fonte]

O vehículo obtivo o récord do automóbil máis rápido do mundo en 2007. Posteriormente, foi superado polo SSC Ultimate Aero, cunha velocidade máxima de 411,76 km/h (255,86 mph). Porén, en xuño de 2010, a súa versión máis potente Super Sport, rompeu novamente o récord cunha velocidade máxima de 431,072 km/h (267,86 mph),[7] rexistro oficial dos récords Guinness, para daquela ser desprazado polo Hennessey Venom GT cunha velocidade de 435,21 km/h (270,43 mph). Do mesmo xeito, tamén ostentaba o récord do coche máis caro do mundo, segundo unha lista publicada pola revista Forbes, aínda que posteriormente foi superado por modelos como o Lamborghini Veneno, o Maybach Exelero e, finalmente, polo Lykan HyperSport. O Veyron tiña un prezo aproximado de 1,6 millóns de euros iñantes de impostos.

Así mesmo, foi considerado por varios medios como o mellor automóbil do mundo, unha das razóns é que a marca alsaciana adicábase a fabricar só este modelo, e non fabricaba outros modelos como fan outros fabricantes de vehículos.

Versións especiais[editar | editar a fonte]

  • Jean-Pierre Wimille
  • Jean Bugatti
  • Meo Costantini
  • Rembrandt Bugatti
  • Black Bess
  • Ettore Bugatti
  • Villa d'Este
  • Bleu Centenaire
  • FBG par Hermès
  • Grand Sport Sang Bleu
  • Pur Sang
  • Sang Noir
  • Mansory Vincero
  • Grand Sport Matte White
  • Veyron Super Sport
  • Bernar Venet
  • L'Or Blanc
  • Veyron 16.4 Grand Sport Vitesse
  • Grand Sport La Finale

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Staff change at Škoda Auto design department". Škoda-Auto (en inglés). 10 de decembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 8 de outubro de 2008. 
  2. Bugatti Veyron Vitesse La Finale: el último de todos (2 de marzo de 2015). Autobild.es.
  3. "Pierre Veyron". Bugatti (en inglés). 30 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2007. 
  4. Csere, Csaba (1 de novembro de 2005). "2006 Bugatti Veyron 16.4: The fastest and most expensive production car ever". Car and Driver (en inglés). 
  5. "2.5 – 7.3 – 16.7 – 55.6". Bugatti (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2008. 
  6. Csere, Csaba (Novembro de 2005). "The fastest and most expensive production car ever.". Bugattipage (en inglés). 
  7. "Bugatti Veyron Super Sport". Bugatti (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2023. Consultado o 6 de agosto de 2023.