Saltar ao contido

Bugatti Type 35

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bugatti Type 35
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Marca
Implicados
 Fabricante
Localización
 Lugar de creación
Códigos e identificadores
Freebase/m/05ycq0 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Bugatti Type 35C

O Bugatti Type 35 foi o modelo con máis éxito dos Bugatti de carreiras. Destaca pola "finura e elegancia do seu deseño", a súa versión co radiador en forma de arco que evolucionou a partir dos Bugatti Type 13 Brescia, se convertería na marca da casa máis coñecida aínda que nas versións dos distintos Tipo 35 houbo variacións sobre o tema.

O Tipo 35 foi un éxito fenomenal, gañou máis de 1.000 carreiras no seu tempo. Logrou Campionato do Mundo de Grandes Premios en 1926 logo de gañar 351 carreiras e establecer 47 rexistros nos dous anos anteriores. No seu apoxeo, os Tipo 35 promediaron 14 vitorias por semana. Bugatti gañou a Targa Florio durante cinco anos consecutivos, desde 1925 ata 1929, co Tipo 35.

Bugatti Tipo 37 (esquerda) e 35 (dereita) vehículos no Cité de l'Automobile Museum, Mulhouse

O modelo orixinal, presentado no Gran Premio de Lión o 3 de agosto de 1924, utilizaba unha evolución do motor 3 válvulas 2.0 L (1991 cc) árbore de levas e 8 en liña visto por primeira vez no Tipo 29. Producíronse 96 unidades.

Este novo motor co veo de manivelas montado sobre coxinetes e árbore de levas en cabeza, permitiu un motor fiable que proporcionaba 6000 rpm, e 90 CV (67 kW). Utilizaba Eixe ríxidos con béstas diante e detrás, e freo de tambor na parte posterior, accionado por cables. Os discos da roda de aliaxe foron unha novidade, para reducir o peso non suspendido. Unha segunda característica do Tipo 35, que se convertería nunha marca Bugatti era que os resortes pasaban a través do eixe dianteiro en lugar de entre os pernos en U como se facía nos seus coches anteriores.

Fíxose unha versión rara cun desprazamento total de 1´5 L (1494 cc). Hai dous destes coches raros en Nova Zelandia.

Dimensións:

  • Longo: 3680 mm
  • Largo: 1320 mm
  • Distancia entre eixes: 2400 mm
  • Track: 1200 mm
  • Peso: 750 kg
Bugatti Type 35A Grand Prix Racer 1925

<- Esta sección está enlazada desde Bugatti ->

Unha versión menos custosa do Tipo 35 apareceu en maio de 1925. Chamado Tipo 35A na fábrica o nome foi ignorado polo público, é foi alcumado "Tecla" como un famoso fabricante de imitacións de xoiería. O motor do Tecla utilizaba tres casquetes de fricción, válvulas máis pequenas, e a bobina de encendido como o Type 30. Non só diminuíron os requisitos de mantemento, senón que tamén reduciuse a produción. Foron vendidos 139 unidades do tipo 35A.

Bugatti Type 35C Grand Prix Racer 1926

O Tipo 35C contou cun compresor Roots, malia o desdén de Ettore Bugatti pola indución forzada. O motor daba case 128 CV (95 kW) cun só carburador Zenith. O Tipo 35C gañou o Gran Premio de Francia de 1928 e 1930. Cincuenta unidades saíron da fábrica.

Para 1926, Bugatti presentou un modelo especial para a nova carreira Targa Florio. Chamado oficialmente Tipo 35T, pronto se fixo coñecido como o Targa Florio. O desprazamento do motor era de 2.3 L (2262 cc). Os cambios de regras nos Grandes Premios que limitaron a capacidade a 2´0 L limitaron o atractivo deste modelo con só trece producidos.

Bugatti Type 35B Grand Prix Racer 1929

<- Esta sección está enlazada desde Bugatti ->

A versión final da serie Type 35 foi o Tipo 35B de 1927. Orixinalmente chamado Tipo 35TC, compartiu o motor 2.3 L do Tipo 35T pero engadiu un gran compresor como o tipo 35C. A potencia era de 138 cabalos de forza (102 kW), e realizáronse 45 unidades. O Tipo 35B gañou o Gran Premio de Francia de 1929.

Bugatti Type 37 Grand Prix Racer 1928
Bugatti Type 37A Grand Prix Racer 1929

<- Esta sección está enlazada desde Bugatti ->

O chasis do Type 35 e a carrozaría foron reutilizados no deportivo Tipo 37. Equipado cun novo motor de 1´5 L (1496 cc) 4 en liña, foron construídas 290 unidades do Tipo 37. Este motor era un deseño SOHC de 3 válvulas e producía 60 hp (44 kW). O mesmo motor pasou a ser utilizado no Tipo 40.

O Tipo 37A sobrealimentado representaron 67 das unidades producidas do Tipo 37. A potencia do motor era de ata 80 - 90 CV. Tamén tiña tambores de freo máis grandes.

<- Esta sección está enlazada desde Bugatti ->

O Tipo 39 era basicamente idéntico á do Tipo 35C agás do seu motor. Este foi modificado para ser máis pequeno de 1´5 L (1493 cc) cun veo de manivelas curto. Producíronse dez unidades.

Tamén existe unha estraña versión de 1´1 L (1092 cc).

Actividade deportiva

[editar | editar a fonte]
O Tipo 35 de Meo Costantini no seu debut en Lyon, 1924

O Tipo 35 en todas as súas formas tivo unha gloriosa carreira deportiva, converténdose nun dos coches deportivos máis exitosos de todos os tempos. Non se coñece o número exacto de vitorias, arredor de dúas mil documentadas. O debut non foi feliz, no Gran Premio de Francia de 1924, en Lyon, Bugatti levou o seu grupo de 5 pilotos, entre os mellores da época: Meo Costantini, Jean Chassagne , Ernest Friderich, Leonce Garnier e Pierre de Vizcaya, algúns dos cales xa eran múltiples gañadores co Tipo 13. Pero a mala sorte tocoulle aos Bugatti, de Vizcaya restirouse por un accidente, Costantini abandonou por un fallo na dirección e os outros tres picaronospneumáticos, non se produciu ningún accidente pero foron sétimo, oitavo e undécimo. Pero a partir do Gran Premio de San Sebastián xurdiu a turrada do Tipo 35. Entre as fazañas máis memorables hai que mencionar sen dúbida as 5 vitorias consecutivas na Targa Florio, entre 1925 e 1929, pero tamén o título mundial de Jules Goux en 1926, nun Bugatti Tipo 39A. Tamén houbo traxedias, como a morte de Pietro Bordino. O 15 de abril de 1928 quixo probar un Tipo 35C en Alessandria, antes dunha carreira, pero saíuse da estrada, un can cruzou de súpeto a estrada, e tras o envorco do coche nun torrente o piloto morreu afogado e o copiloto, ferido grave, faleceu pouco despois.

Estas son só algunhas das principais vitorias do Tipo 35:

Algunhas pilotos tamén pilotaron o Tipo 35: entre elas Janine Jennky, vitoriosa aquí na Copa de Borgoña de 1928 sobre un Bugatti Type 35C
Outra famosa piloto de Bugatti foi Eliška Junková
Piloto William Grover-Williams, "W Williams", gañador do Gran Premio de Francia de 1929
Louis Chiron, un dos pilotos máis vencedores do Bugatti Type 35
Principais vitorias e posicións do Tipo 35 e derivados
Data Evento Piloto Vehículo Posición
25 de setembro 1924Gran Premio de San SebastiánMeo CostantiniTipo 352
3 de maio 1925Targa FlorioMeo CostantiniTipo 351
6 de setembro 1925Gran Premio de ItaliaMeo CostantiniTipo 393
19 de setembro 1925Gran Premio de San SebastiánPierre de VizcayaTipo 354
28 de marzo 1926Premio Reale di RomaAymo MaggiTipo 351
25 de abril 1926Targa FlorioMeo CostantiniTipo 35T1
27 de xuño 1926Gran Premio de FranciaJules GouxTipo 391
18 de xullo 1926Gran Premio de San SebastiánJules GouxTipo 39A1
7 de agosto 1926Gran Premio do reino UnidoMalcolm CampbellTipo 39A2
5 de setembroGran Premio de ItaliaLouis CharavelTipo 39A1
Meo CostantiniTipo 39A2
12 de setembro 1926Gran Premio de MilánMeo CostantiniTipo 35C1
6 de marzo 1927Gran Premio de TrípoliEmilio MaterassiTipo 35C1
24 de abril 1927Targa FlorioEmilio MaterassiTipo 35C1
25 de xullo 1927Gran Premio de San SebastiánEmilio MaterassiTipo 35C1
25 de setembro 1927Course de côte de GaillonJanine JennkyTipo 35C1
6 de maio 1928Targa FlorioAlbert DivoTipo 35B1
16 de maio 1928Gran Premio de BorgoñaJanine JennkyTipo 35C1
10 de xuño 1928Premio Reale di RomaLouis ChironTipo 35C1
1 de xullo 1928Gran Premio de FranciaW WilliamsTipo 35C1
5 de xullo 1928Gran Premio della MarnaLouis ChironTipo 35B1
25 de xullo 1928Gran Premio de San SebastiánLouis ChironTipo 35C1
29 de xullo 1928Gran Premio de EspañaLouis ChironTipo 35C1
9 de setembro 1928Gran Premio de ItaliaLouis ChironTipo 35C1
Tazio NuvolariTipo 35C3
5 de maio 1929Targa FlorioAlbert DivoTipo 35C1
30 de xuño 1929Gran Premio de FranciaW WilliamsTipo 35B1
Caberto ConelliTipo 35C3
Albert DivoTipo 35B4
14 de xullo 1929Gran Premio de AlemañaLouis ChironTipo 35C1
Georges PhilippeTipo 35C2
Guy BouriatTipo 35C4
Mario LeporiTipo 35B5
25 de xullo 1929Gran Premio de EspañaLouis ChironTipo 35B1
Georges PhilippeTipo 35C2
Marcel LehouxTipo 35C3
6 de abril 1930Gran Premio de MónacoRené DreyfusTipo 35B1
Louis ChironTipo 35C2
Guy BouriatTipo 35C3
20 de xullo 1930Gran Premio de BélxicaLouis ChironTipo 35C1
Guy BouriatTipo 35C2
Albert DivoTipo 35C3
21 de setembro 1930Gran Premio de FranciaPhilippe EtancelinTipo 35C1
Juan ZanelliTipo 35B3
Stanislas CzaikowskiTipo 35C4
Jean de l'EspeeTipo 35C5
    Referencias

    Véxase tamén

    [editar | editar a fonte]

    Bibliografía

    [editar | editar a fonte]

    Outros artigos

    [editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas

    [editar | editar a fonte]