Bufo nival
Bufo nival | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Bubo scandiacus' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Strix scandiaca Linnaeus, 1758 |
O bufo nival (Bubo scandiacus) é unha especie da familia das estríxidas. Nos Estados Unidos é tamén coñecida coma bufo do ártico ou gran bufo branco.
Morfoloxía[editar | editar a fonte]
Bufo de gran tamaño, cabeza redonda e orellas case invisíbeis. A plumaxe é branca con pintas negras na cabeza, dorso e cola. En ocasións hai individuos totalmente brancos. O peteiro negro e o iris amarelo contrastan fortemente coa plumaxe. Actividade crepuscular e tamén diúrna. Adoita medir entre 53 a 65 cm de longo e uns 120 a 150 cm de envergadura. A femia posúe unhas raias de cor marrón.
Reprodución[editar | editar a fonte]
Pon entre 4 e 10 ovos en maio, nun niño colocado nalgún lugar seco e con boa visibilidade. É unha especie monógama. Os xuvenís son de cor acastañada e con bandas de cor branca.
Nutrición[editar | editar a fonte]
A súa base alimentaria son os lemmings, mais tamén captura lebres e aves. En épocas de escaseza, aliméntase das reservas que vai acumulando ó longo de todo o ano. Isto permítelle sobrevivir en ambientes moi inhóspitos.
Distribución[editar | editar a fonte]
Presente no norte e interior de Escandinavia. Tamén en Islandia e as costas árticas de América e Siberia. Adoitan facer migración cara a zonas máis meridionais coa chegada do outono. Excepcionalmente poden chegar ata Holanda ou Alemaña central.
Cultura popular[editar | editar a fonte]
Hedwig, a curuxa de Harry Potter, é un bufo nival. Aínda que os libros a identifican coma femia, para gravar os filmes empregaron machos, por seren dunha cor branca máis brillante.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ BirdLife International (2012). "Bubo scandiaca". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Bufo nival |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bufo nival ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Nicolai, Jürgen (1995). Everest, ed. Aves rapaces diurnas y nocturnas : identificar, clasificar y proteger las aves rapaces de Europa. Madrid. p. 157. (en castelán)