Bruno Vieira Amaral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBruno Vieira Amaral
Biografía
Nacemento1978 Editar o valor em Wikidata (45/46 anos)
Barreiro, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónISCTE - Instituto Universitário de Lisboa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , blogueiro , crítico literario , poeta , tradutor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Bruno Vieira Amaral, nado en Barreiro en 1978, é un escritor, crítico literario e tradutor portugués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciado en Historia Moderna e Contemporánea polo ISCTE de Lisboa.[1]

En 2002 foi seleccionado para a Mostra Nacional de Jovens Criadores a través da súa poesía.[2] En 2016 foi nomeado unha das Dez Novas Voces da Europa (Ten New Voices from Europe), escolla da plataforma Literature Across Frontiers.[3][4]

Ten varias colaboracións no Expresso, a Rádio Observador, o DN Jovem, na revista Atlântico e no xornal i. Tamén foi crítico literario, tradutor e autor da Guia Para 50 Personagens da Ficção Portuguesa, e é autor de varios blogues, como o Circo da Lama.[5]

É, ademais, editor-adxunto da revista LER[6] e asesor de comunicación das editoras do Grupo Bertrand Círculo.[7]

Obras[editar | editar a fonte]

Novela[editar | editar a fonte]

  • As Primeiras Coisas (2013). Quetzal Editores. 312 páxs. Un cerello de historias ben contadas, que nos transporta para o Bairro Amélia.
  • Hoje estarás comigo no Paraíso (2017). Quetzal Editores. 368 páxs. Entre lembranzas da infancia, descricións da Angola pasada e o misterio pola morte de João Jorge...
  • Uma Ida ao Motel (2020). Quetzal Editores. 192 páxs.

Contos[editar | editar a fonte]

  • Uma Ida ao Motel e Outras Histórias (2020). Quetzal Editores. 192 páxs.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Guia Para 50 Personagens da Ficção Portuguesa (2013). Guerra & Paz Editores. 229 páxs.
  • Aleluia! (2015). Fundación Francisco Manuel dos Santos. 104 páxs. Sobre as seitas cristiás marxinais do catolicismo dominante.
  • Manobras de Guerrilha. Pugilistas, Pokémons & Génios (2018). Quetzal Editores. 288 páxs. Crónicas

Premios[editar | editar a fonte]

A súa novela de estrea, As Primeiras Coisas, valeulle:

  • 2013: Premio de Libro do Ano da revista TimeOut
  • 2013: Premio Fernando Namora
  • 2013: Premio PEN Narrativa
  • 2013: Premio Novos, Literatura
  • 2015: Premio Literario José Saramago[8]

A súa segunda novela, Hoje estarás comigo no Paraíso, valeulle:

  • 2016-2017: Tabula Rasa, Ficção
  • 2018: Segundo lugar do Prémio Oceanos

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marques, Joana Emídio. "Somos todos vizinhos de Bruno Vieira Amaral no bairro Amélia". Observador (en portugués). Consultado o 2020-07-01. 
  2. "Bruno Vieira Amaral – The Script Road" (en portugués). Consultado o 2020-07-01. 
  3. "Bruno Vieira Amaral. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-07-01. 
  4. "Bruno Vieira Amaral - Literature Across Frontiers". www.lit-across-frontiers.org (en inglés). Consultado o 2020-07-01. 
  5. "Bruno Vieira Amaral no festival literário de Macau de 2017". Notícias ao Minuto (en portugués). 2016-12-07. Consultado o 2020-07-01. 
  6. "LER". ler.blogs.sapo.pt (en portugués). Consultado o 2020-07-01. 
  7. "Bruno Vieira Amaral vence prémio Saramago". ionline (en portugués). Consultado o 2020-07-01. 
  8. Observador. "Bruno Vieira Amaral ganha Prémio José Saramago". Observador (en portugués). Consultado o 2020-07-01.