Broadcast (grupo musical)
Broadcast | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Birmingham, ![]() |
Período | 1995-2010 |
Xénero(s) | electrónica indie, dream pop, neopsicodelia, avant-pop |
Selo(s) discográfico(s) | Wurlitzer Jukebox, Duophonic, Warp, Tommy Boy/Warner Bros. |
Membros | James Cargill |
Antigos membros | Trish Keenan Roj Stevens Tim Felton Steve Perkins Keith York Phil Jenkins Jeremy Barnes Neil Bullock |
Artistas relacionados | Hayward Winters, Seeland, The Focus Group |
Na rede | |
futurecrayon.blogspot.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Broadcast foi unha banda inglesa de electrónica indie fundada en Birmingham no ano 1995 por Trish Keenan (voces, teclados e guitarra) e James Cargill (baixo). O grupo publicou tres álbums, ademais de varios EPs e sinxelos, sendo editado o seu primeiro álbum de estudio, The Noise Made by People, no ano 2000. O seu estilo musical mesturaba elementos do rock psicodélico estadounidense dos anos 60 con música electrónica, incorportando samples de varias fontes, gañando o status de banda de culto.[1] Trala morte de Trish Keenan a banda non volveu a actuar, aínda que levaba xa daquela un tempo nunha paréntese na súa actividade.
Outros membros do grupo foron Roj Stevens (teclados), Tim Felton (guitarra) e os baterías Steve Perkins, Keith York, Phil Jenkins, Jeremy Barnes e Neil Bullock. No ano 2005 Broadcast era un dúo formado por Keenan e Cargill e tras a inesperada morte en 2011 da primeira,[2] James Cargill tiña quedado como único membro de Broadcast.
Keenan finou o 14 de xaneiro de 2011, cando contaba 42 anos, debido a complicacións derivadas dunha pneumonía debida ao virus H1N1.[3][4][5] Cargill, o único membro que quedou, dixo nunha entrevista de 2011 na revista Under the Radar que estaba a desenvolver un novo álbum de estudio de Broadcast, aproveitando gravacións feitas por Keenan pouco antes da súa morte.[6][7] Máis tarde afirmou: «Trish deixou moitas gravacións, catro-pistas e cousas así, e estiven traballando con iso. É complicado, e ao mesmo tempo estou implicado niso. É marabilloso, pero tamén teño unha sensación de perda. O próximo que vou sacar con Trish vai ser máis unha sorte de monumento e tributo a ela que esa obsesión que eu adoitaba sufrir de facer álbums.»[8] A día de hoxe, o álbum non ten sido realizado.
Broadcast figurou nos créditos da banda sonora do filme de 2012 Berberian Sound Studio, que foi publicado o 7 de xaneiro de 2013.
Warp Records reeditou toda a discografía da banda en marzo de 2015.[9]
Discografía[editar | editar a fonte]
Álbum | Ano | Selo | Notas |
---|---|---|---|
The Noise Made by People | 2000 | Warp Records | |
Haha Sound | 2003 | Warp Records | |
Tender Buttons | 2005 | Warp Records | |
Broadcast and the Focus Group Investigate Witch Cults of the Radio Age | 2009 | Warp Records | Colaboración con The Focus Group |
Berberian Sound Studio | 2013 | Warp Records | Banda sonora do filme Berberian Sound Studio |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Lentz III, Harris M (2012). McFarland, ed. Obituaries in the Performing Arts, 2011. p. 179. ISBN 978-0-7864-9134-6.
- ↑ The Guardian (ed.). "Trish Keenan obituary". Consultado o 14 de maio de 2018.
- ↑ "Broadcast: A Statement". Warp (en inglés). 14-1-2011. Arquivado dende o orixinal o 18-10-2016. Consultado o 24-7-2016.
- ↑ Bychawski, Adam (14-1-2011). "Broadcast's Trish Keenan dies after contracting pneumonia". NME (en inglés). Consultado o 24-7-2016.
- ↑ Griffiths, Ian J; Goff, Daffyd (14-1-2011). Guardian Media Group, ed. "Broadcast singer Trish Keenan dies after suffering pneumonia | Music". The Guardian (en inglés). Consultado o 25-8-2014.
- ↑ Everhart, John (23-11-2011). "James Cargill Working on New Broadcast Album with Trish Keenan Vocals Recorded Before Her Passing". Under the Radar (en inglés). Consultado o 12-1-2013.
- ↑ "Broadcast Working on New Album". Pitchfork (en inglés). 28-11-2011. Consultado o 12-1-2013.
- ↑ "Broadcast to make Trish Keenan tribute album". NME (en inglés). 24-11-2011. Consultado o 10-1-2018.
- ↑ "Warp to reissue of long out-of-print Broadcast discography". Fact.com (en inglés). 27-1-2015. Consultado o 11-3-2019.