Brne Karnarutić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBrne Karnarutić

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1515
Zadar Editar o valor em Wikidata
Morte1573
Zadar Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeVenecián
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua croata Editar o valor em Wikidata

Brne Karnarutić, nado en Zadar, arredor de 1515 e finado en 1573, foi un poeta renacentista croata. A súa obra máis famosa foi Vazetje Sigeta grada, unha épica histórica sobre a batalla de Szigetvár.

Portada da primeira edición de Vazetje Sigeta grada, Venecia, 1584

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Zadar sobre 1515, de antiga familia nobre. Despois da escola en Zadar, estudou Dereito, probabelmente en Padua. Serviu como capitán no exército da República de Venecia, liderando un escuadrón de cabalería croata na Guerra Otomán-Veneciana (1537–1540).[1] Despois traballou como avogado en Zadar, onde morreu arredor do 1573.

Obras[editar | editar a fonte]

Adaptou a metamorfose de Ovidio sobre Píramo e Tisbe baixo o título de Izvrsita ljubav i napokon nemila i nesrićna smrt Pirama i Tizbe (Venecia, 1586). Moito máis famosa é a outra obra de Karnarutić: Vazetje Sigeta grada (Venecia, 1584), a gran epopea histórica croata sobre a batalla de Szigetvár e a morte do ban Nikola IV Zrinski e dos defensores de Szigetvár (1566).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hrvatski biografski leksikon". hbl.lzmk.hr. Consultado o 2022-03-05. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]