Saltar ao contido

Branquinho da Fonseca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBranquinho da Fonseca
Biografía
Nacemento4 de maio de 1905 Editar o valor en Wikidata
Mortágua, Portugal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte7 de maio de 1974 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Cascais, Portugal Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Dereito da Universidade de Coímbra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, escritor Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioAntónio Madeira Editar o valor en Wikidata
Premios

António José Branquinho da Fonseca, nado na Mortágua o 4 de maio e finado en Cascais o 7 de maio de 1974, foi un escritor portugués.[1]

Os seus primeiros textos eran asinados co pseudónimo António Madeira. Probou varios modos e xéneros literarios, desde o poema lírico á novela, pasando polo texto dramático e o poema en prosa, mais, como el mesmo dicía, a súa expresión natural[2] era o conto. Como artista, interesouse tamén pola fotografía, o deseño, o cinema e o design gráfico.[3] Foi conservador do Rexistro Civil en Marvão e Nazaré, e do Museo-Biblioteca Conde de Castro Guimarães en Cascais. Por proposta súa, foi creado en 1958, o Serviço de Bibliotecas Itinerantes da Fundação Calouste Gulbenkian, o cal había de dirixir até o ano da súa morte. En homenaxe del, o Concello de Cascais creou o Premio Branquinho da Fonseca de Conto Fantástico[4] en 1995 e, en 2001, foi instituído o Premio Branquinho da Fonseca Expresado/Gulbenkian nunha colaboraciónentre a Fundación Calouste Gulbenkian e o xornal Expresso.[5]

Fillo de Clotilde Madeira Branquinho e do escritor Tomás da Fonseca, Branquinho da Fonseca naceu en Mortágua e completou os primeiros anos do instituto en Lisboa, partindo despois para Coímbra, onde terminou os seus estudos secundarios. Licenciouse en Dereito na Facultade de Dereito de Coímbra, o ano de 1930. Aínda como estudante participou da fundación da revista Tríptico (1924 - 1925), da cal se publicaron 9 números[6], dirixida por un grupo de poetas novos como Vitorino Nemésio, Afonso Duarte e António de Sousa.[1]

En 1926 fai a súa estrea literaria coa obra Poemas. O ano seguinte, máis precisamente o día 10 de marzo, cando aínda era estudante de Dereito, funda, xuntamente con José Régio e João Gaspar Simões, a revista Presença, considerada o marco inicial da segunda fase do modernismo portugués, ou "presencista". Para comprendermos Branquinho da Fonseca, "deberemos lembrar a principal característica dese movemento: a total liberdade de creación artística, movida pola necesidade de cada cal poder asumir a súa propia verdade e sensibilidade, dende a asunción dun individualismo subxectivo bastante descomprometido co social e o político [...]".[7] Exerceu o cargo de director da revista até o 16 de xuño de 1930, data en que, conxuntamente con Miguel Torga e Edmundo de Bettencourt, se desconecta definitivamente da Presença, indignado cos novos rumbos que esta tomaba, unha vez que consideraba haber imposción de límites á liberdade creativa.[8] Aínda nese ano, funda en conxunto con Miguel Torga a revista Sinal, da cal só foi publicado un número, sendo substituído na dirección da Presença por Adolfo Casais Monteiro.

En 1932 pasa a exercer a función de Conservador no Museo Biblioteca Conde de Castro Guimarães.

No exercicio das súas funcións como Conservador crea, en 1953, o proxecto dunha biblioteca-itinerante, a primeira. do xénero en Portugal. Consecuentemente, é convidado, en 1959, por Azeredo Perdigão para fundar e dirixir a Fundação Calouste Gulbenkian. Entre esta data e o ano en que faleceu (1974), período en que permaneceu á cabeza do referido proxecto, o escritor non volveu publicar ningún libro de creación persoal, téndose limitado á edición de antoloxías temáticas.[3]

Ten unha rúa co seu nome na Amadora e outra en Cascais, Portugal.

Formalmente diversificada, a obra de Branquinho da Fonseca non deixa de ser, no entanto, direccionada cara a unha orientación estético-literaria nitidamente contística, da cal son testemuño as obras Caminhos Magnéticos, O Barão, Rio Turvo e Bandeira Preta. Mesmo a única novela do escritor, Porta de Minerva (1947)[3][9], afástase dunha sintaxe subordinativa típica na novela “máis convencional” e aproxímase a unha estrutura descosida e fragmentada, sendo constituído por un conxunto de narrativas breves interligadas pola recorrencia dun espazo social ben determinado.[10]

Así, no seu todo, pero de forma máis marcada na vertente do conto, a obra de Branquinho da Fonseca fírmase nun "gusto polo mítico, o simbólico, vinculado a un permanente sabor de aventura literaria, evidente na experimentación de novas solucións estruturais e mesmo situacionais"[8], chegando a ser clasificada como "realismo fantástico"[11], unha vez que consegue "suxerir un ton de misterio, de medo ou pesadelo indefinido, de constante sorpresa na persecución dun impreciso ideal, sen porén desprendernos dun senso de verosemellanza."[12]

Encóntrase colaboración da súa autoría no semanario Mundo Literario[13] (1946-1948) e na revista Litoral[14] (1944-1945).

Foi publicado baixo o pseudónimo de Antonio da Madeira en 1942.[15] Son varias as fontes[16][17] que apuntan O Barão como a obra-prima de Branquinho da Fonseca e, tamén, como unha das máis notábeis da novelística portuguesa de todos os tempos. Con todo, hai discordancia canto ao xénero a que a obra pertence: uns defenden que se trata dun conto, outros dunha novela.

O texto[18] da obra está composto pola narración da viaxe dun inspector escolar a unha zona remota da provincia, onde irá encontrar, na noite da chegada, a figura dun aristócrata excéntrico e decadente, o "Barão", que aos poucos se vai tornando enigmático, exercendo unha fascinación cada vez maior sobre o narrador e adquirindo un estatuto mítico, quer polo modo como domina o seu estraño microcosmos, quer pola maxia desa noite case irreal en que ambos os dous irán poñer unha rosa no "castelo da Bela-Adormecida".

O filme O Barão, 2010, de Edgar Pera, foi baseado nesta obra.[19]

O 13 de ullo de 1981 foi feito Grande-Oficial da Orde Militar de Sant'Iago da Espada a título póstumo.[20]

Obras publicadas

[editar | editar a fonte]
  • Posição de Guerra - 1928
  • Teatro I - 1939;
  • Zonas - 1931
  • Caminhos Magnéticos - 1938
  • O Barão - 1942
  • Rio Turvo - 1945. Levado ao cinema por Edgar Pêra en 2007.[21]
  • Porta de Minerva - 1947
  • Mar Santo - 1952
  • Bandeira Preta - 1956

Antoloxías organizadas

[editar | editar a fonte]
  • Contos Tradicionais Portugueses
  • As Grandes Viagens Portuguesas
  1. 1,0 1,1 "www.cm-mortagua.pt". www.cm-mortagua.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2020. Consultado o 2020-03-28. 
  2. "Diário de Notícias". Diário de Notícias. 30 de Setembro de 1976. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Ferreira, António Manuel (2010). Prefácio in FONSECA, Branquinho da, Obras Completas vol.I (en portugués). Imprensa Nacional Casa da Moeda, Lisboa. 
  4. "Prémio Branquinho da Fonseca". Fundação Calouste Gulbenkian (en portugués). Consultado o 2020-03-28. 
  5. Prémio Branquinho da Fonseca Expresso/Gulbenkian
  6. Marques Ferreira, Luis Miguel. "Artes gráficas en Portugal en el período de las vanguardias históricas" (PDF). diposit.ub.edu. 
  7. VV.AA. (1991). Dicionário Cronológico de Autores Portugueses. Lisboa. 
  8. 8,0 8,1 Massaud, Moisés (1975). O Conto Português. Ed. Cultrix, São Paulo. 
  9. Branquinho da Fonseca (1968). Porta de Minerva. Portugalia Editora, Contemporánea nº 25. 
  10. "Contornos da Narrativa Breve na Obra de Branquinho da Fonseca" (PDF). www2.dlc.ua.pt/classicos (en portugués). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de abril de 2018. 
  11. Torres, Alexandre Pinheiro (1977). O Neo-Realismo Literário Português (en portugués). Moraes, Lisboa. p. 171. 
  12. Saraiva, A.; Lopes, Oscar (1996). História da Literatura Portuguesa (en portugués). p. 1015. 
  13. "Mundo Literário" (PDF). hemerotecadigital.cm-lisboa.pt. 
  14. "Litoral" (PDF). http://hemerotecadigital.cm-lisboa. 
  15. Carolina Carreira (2014-04-03). "O Barão de Branquinho da Fonseca". 
  16. "Contornos da Narrativa Breve na Obra de Branquinho da Fonseca" (PDF). www2.dlc.ua.pt/classicos. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de abril de 2018. 
  17. Prado coelho, Jacinto do, Ed. (1994). Dicionário de literatura: literatura portuguesa, literatura brasileira, literatura galega, estilística literária. 5 vols (en portugués). Porto: Figueirinhas. 
  18. Fonseca, Branquinho da (1998). O Barão (en portugués). Relógio D'Água Editora, Lisboa. 
  19. "O Barão (The Baron) (2010)" (en castelán). Consultado o 2020-03-28. 
  20. "ENTIDADES NACIONAIS AGRACIADAS COM ORDENS PORTUGUESAS - Página Oficial das Ordens Honoríficas Portuguesas". www.ordens.presidencia.pt. Consultado o 2020-03-28. 
  21. Nascimento, Frederico Lopes / Marco Oliveira / Guilherme. "Rio Turvo". CinePT-Cinema Portugues (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2020. Consultado o 2020-03-28. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Saraiva, Antonio José; Lopes, Óscar (1978): História da literatura portuguesa. Porto.