Bosón de Arles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para persoas chamadas Bosón, consulte a páxina de homónimos Bosón.
Infotaula de personaBosón de Arles
Biografía
Nacemento885 Editar o valor em Wikidata
Provenza, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte936 Editar o valor em Wikidata (50/51 anos)
Borgoña - Bourgogne, Francia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloCount of Arles (en) Traducir (934–936)
Margrave of Tuscany (en) Traducir (931–936) Editar o valor em Wikidata
FamiliaBosónidas Editar o valor em Wikidata
CónxuxeWilla of Burgundy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosWilla of Tuscany (en) Traducir, Berta de Arles (pt) Traducir, Robald de Arles (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisTeobaldo de Arles (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Berta da Lotaríngia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsTeutberga de Arlés, Ermengarda da Toscana (pt) Traducir, Hugo da Itália (pt) Traducir, Guido da Toscânia (pt) Traducir e Lambert da Toscana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Bosonid-11 Find a Grave: 122566099 Editar o valor em Wikidata

Bosón de Arles ou Bosón I de Arles, nado en 885 e finado en 936, tamén chamado Bosón VI da Provenza, conde de Aviñón e Vaison (911-931), conde de Arles (926-931) e marqués de Toscana (931-936).

Era fillo de Teobaldo de Arles[1] e de Berta de Lotarinxia, filla ilexítima de Lotario II de Lotarinxia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 926, sucedeu ao seu irmán Hugo de Arles como Conde de Arles cando este deixou Arles para ir a Italia. Bosón de Arles tamén se vai implicar en Italia e foi nomeado marqués de Toscana no 931 polo seu irmán despois da deposición de Lamberto de Toscana. Na Provenza, Bosón foi entón substituído polo seu xenro, o marido da súa filla Berta e fillo de Ricardo o Xusticeiro, tamén chamado Bosón e coñecido como Bosón I (895-935).[2] Bosón de Arles tamén interveu en Lorena contra Henrique I de Alemaña.

Finalmente foi deposto e arrestado en 936.[3] e substituído por un fillo ilexítimo de Hugo: Huberto. De feito, Bosón de Arles foi probabelmente asasinado por orde do seu irmán Hugo. A instancias da súa muller Wila, tería intentado un golpe de estado contra Hugo.

Xenealoxía[editar | editar a fonte]

Dunha primeira muller non identificada, tería un fillo:

  • Rotbaldo o Vello ou Rotboldo o Antigo (circa 907-936) que casou con Ermengarda de Aquitania, filla de Guillerme o Piadoso, e foi asasinado polo seu tío o rei Hugo en 936.

Casou despois con Willa de Borgoña, filla de Rodolfo I de Borgoña e Willa da Provenza. Desta unión naceron catro fillas[4]:

  • Berta de Arles (antes de 912 - despois de 18 de agosto 965), condesa de Arles que casou probabelmente en 924 [5] con Bosón I (895-935)[6], fillo do duque de Borgoña, Ricardo o Xusticeiro. Bosón era abade laico da abadía de Saint-Pierre de Moyenmoutier e da abadía de Remiremont nos Vosges. Cando quedou viúva, Berta de Arles casou en 936 con Ramón II († 961 ), conde de Rouergue[7]. Tamén se di que acolleu ao seu tío Hugo de Arles en Arles en 947.
  • Willa III (912-970), que foi raíña de Italia en 930 ao casar con Berengario II, rei de Italia .
  • Riquilda.
  • Xisela.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O pai de Bosón, Teobaldo de Arles (850-895), conde de Arles e Vienne, era o curmán de Bosón, rei de Borgoña Cisxurana de 879 a 887
  2. Para a discusión sobre este Bosón véxase Bosón II de Arles
  3. Frédéric de Gingins-La-Sarra - Mémoires pour servir à l'histoire des royaumes de Provence et de Bourgogne-Jurane - 1851, páxina 97, a
  4. "Bertam, Willam, Richildam et Gislam" son citadas (en orde) como as catro fillas de Bosón e Willa por Liutprando en os condes da Provenza
  5. As datas de 931 e 933 son ás veces avanzadas. Pero Berta estaba xa casada cando seu pai marchou a Italia en 931; a data de 924 é, xa que logo, máis probábel, malia a pouca idade da noiva
  6. A data de defunción deste Bosón é discutida
  7. Atópase tamén pola ligazón as datas de 935 e 940

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]