Saltar ao contido

Huberto de Toscana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHuberto de Toscana
Biografía
Nacemento922 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloMargrave of Camerino (en) Traducir (943–946)
Duque de Spoleto (943–946)
Margrave of Tuscany (en) Traducir (936–década de 960) Editar o valor en Wikidata
FamiliaBosónidas Editar o valor en Wikidata
CónxuxeWilla di Tuscia Editar o valor en Wikidata
FillosWaldrada di Toscana, Willa of Tuscany, Hugh II, Margrave of Tuscany Editar o valor en Wikidata
PaiHugo da Itália Editar o valor en Wikidata
IrmánsLotario II de Italia
Alda da Itália Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Italia-39


Huberto ou Humberto (Uberto) foi fillo bastardo do rei Hugo de Italia (Hugo de Arle ou Hugo da Provenza) coa súa amancebada Wandelmoda.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sobre o 936 o seu pai deulle o marquesado ou margraviato de Toscana en lugar do seu tío Bosón. O 941 nomeouno conde palatino e o 943 duque de Spoleto e margrave de Camerino, expulsando ao duque Sarlione, condenado polo asasinato do seu antecesor Anscar de Ivrea. Así gobernou toda a Italia central e converteuse no señor feudal máis poderoso do rei Berengario II de Italia.

Huberto, aliado ao Papa Xoán XII, convidou a Odón o Grande rei de Xermania a baixar a Italia e derrubar a Berengario II.

En 946 o ducado de Spoleto e marquesado de Camerino serían dados a Bonifacio II. En Toscana foi margrave ata o 13 de febreiro do 962, en que acadou o goberno de devandito feudo o seu fillo Hugo o Grande.

Morreu segundo uns[quen?] o 15 de setembro de 967 e segundo outros en marzo de 970[quen?].

Casou con Xila, filla de Bonifacio I de Spoleto coa que tivo a Hugo o Grande, margrave de Toscana, Gualdrada, esposa de Pedro IV Candiano dux de Venecia, e Xila a moza, filla de Tedaldo, conde de Canossa.