Bonifacio Bembo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1420 (Gregoriano) Brescia |
| Morte | 1480 (Gregoriano) Milán |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Milán |
| Ocupación | pintor, iluminador |
| Período de actividade | 1447 (Gregoriano) |
| Xénero artístico | Retrato |
| Movemento | Primeiro Renacemento e arquitectura gótica serodia |
| Familia | |
| Familia | Bembo family (en) |
| Irmáns | Benedetto Bembo Ambrogio Bembo |

Bonifacio Bembo, nado en Brescia, Lombardía, foi un pintor e miniaturista italiano do século XV, activo entre 1447 e 1477.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse no gótico serodio pero o seu estilo viuse influenciado polo primeiro Renacemento e polas ideas neoplatónicas de Gemistus Pletho. As súas obras comprenden os frescos da igrexa de Santo Agostiño en Cremona e os retratos de Francesco I Sforza e da súa dona Bianca Maria Visconti (ámbolos dous datados en 1462), e conservados na Pinacoteca di Brera de Milán.
Tamén pintou o claustro de La Colomba en Cremona e Bembo é xeralmente considerado o autor das famosas barallas de tarot Visconti-Sforza realizadas para o duque de Milán Filippo Maria Visconti e Francesco Sforza, onde o simbolismo reflicte o interese de Bembo polo neoplatonismo.
A súa morte dátase en 1498[1], mais outras fontes sitúana antes de 1482 [2].
Foi o irmán de Benedetto Bembo e tío de Giovanni Francesco Bembo, os dous pintores igualmente.
Notas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bonifacio Bembo |