Bomba de protóns
Unha canle ou bomba de protóns é unha canle iónica a través da cal se produce o fluxo de protóns entre os dous lados da membrana celular.
Constitúen unha familia de proteínas que inclúe unha ampla gama de canles e transportadores, entre os que os máis coñecidos son as canles de protóns dependentes da tensión, cuxa abertura depende da tensión e do pH.[1] Tamén o son a subunidade F0 da ATP sintase ou ATPase,[2] a proteína termoxénica UCP1,[3] un membro das proteínas de desacoplamento mitocondrial ou UCP e moitos transportadores de solutos e ións.
Rol na dixestión e protección inmunitaria
[editar | editar a fonte]As bombas de protóns teñen un papel fundamental na dixestión. Atópanse nas células parietais do estómago, onde son responsábeis da produción de ácido clorhídrico, esencial para a activación de enzimas dixestivas e para a descomposición dos alimentos. Ademais, o mantemento do pH ácido no estómago axuda a previr infeccións, pois moitos microorganismos patóxenos non sobreviven neste ambiente.[4][5]
Obxectivo farmacolóxico
[editar | editar a fonte]As bombas de protóns son un obxectivo para un grupo farmacolóxico de medicamentos específicos que tratan afeccións estomacais, como os inhibidores da bomba de protóns usados para reducir a produción de ácido no estómago e tratar afeccións como a ERGE e as úlceras pépticas.
Notas
- ↑ Cherny, V.V., V.S. Markin, e T.E. DeCoursey. 1995. "The voltage-activated hydrogen ion conductance in rat alveolar epithelial cells is determined by the pH gradient." J. Gen. Physiol. 105:861-896.
- ↑ Cross, Richard L.; Müller, Volker (2004-10-08). "The evolution of A-, F-, and V-type ATP synthases and ATPases: reversals in function and changes in the H+/ATP coupling ratio". FEBS letters 576 (1-2): 1–4. ISSN 0014-5793. PMID 15473999. doi:10.1016/j.febslet.2004.08.065.
- ↑ Nicholls, D. G.; Bernson, V. S.; Heaton, G. M. (1978). "The identification of the component in the inner membrane of brown adipose tissue mitochondria responsible for regulating energy dissipation". Experientia. Supplementum 32: 89–93. ISSN 0071-335X. PMID 348493. doi:10.1007/978-3-0348-5559-4_9.
- ↑ Sachs, G.; Shin, J. M.; Briving, C.; Wallmark, B.; Hersey, S. (1995). "The pharmacology of the gastric acid pump: the H+,K+ ATPase". Annual Review of Pharmacology and Toxicology 35: 277–305. ISSN 0362-1642. PMID 7598495. doi:10.1146/annurev.pa.35.040195.001425.
- ↑ Howden, C. W.; Hunt, R. H. (1987-01). "Relationship between gastric secretion and infection". Gut 28 (1): 96–107. ISSN 0017-5749. PMC 1432731. PMID 3546004. doi:10.1136/gut.28.1.96.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bomba de protóns |
- Bomba de cobalto (medicina)
- Bomba de Na-K
- Canle iónica
- Canle iónica regulada por ligando
- Canle iónica regulada por voltaxe
- Canle de calcio
- Canle de calcio regulada por voltaxe
- Canle de cloruro
- Canle de potasio
- Canle de sodio
- Hidroxonio
- inhibidor da bomba de protóns
- Xantorodopsina