Blanca Varela
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 10 de agosto de 1926 Lima |
| Morte | 12 de marzo de 2009 Lima |
| Educación | Universidade Nacional Maior de San Marcos |
| Actividade | |
| Ocupación | poetisa, xornalista, ensaísta, tradutora, escritora, crítica de cinema |
| Xénero artístico | Literatura existencialista e surrealismo |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Cónxuxe | Fernando de Szyszlo (1949–), divorcio |
| Fillos | Lorenzo de Szyszlo, Vicente de Szyszlo |
| Nai | Serafina Quinteras |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Latin American Women Writers: an Encyclopedia |
Blanca Leonor Varela Gonzales, nada en Lima o 10 de agosto de 1926 e finada o 12 de marzo de 2009, foi un poeta peruana, considerada como unha das voces poéticas máis importantes do xénero en América Latina.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciouse en poesía na Universidade Nacional Maior de San Marcos na capital peruana, onde ingresou en 1943, para estudar Letras e Educación. Nesta universidade coñece a Sebastián Salazar Bondy, Javier Sologuren, Jorge Eduardo Eielson, e a quen sería o seu futuro esposo, o pintor Fernando de Szyszlo, con quen tivo dous fillos.
A partir de 1947, empezou a colaborar na revista Las Moradas que dirixía Westphalen. En 1949 chegou a París, onde entrou en contacto coa vida artística e literaria do momento, guiada por Octavio Paz, unha figura determinante na súa carreira literaria, que a vinculou co círculo de intelectuais latinoamericanos e españois radicados en Francia. Desta etapa data a súa amizade con Jean-Paul Sartre, Simone de Beauvoir, Henri Michaux, Alberto Giacometti, Léger, Tamayo e Carlos Martínez Rivas, entre outros.
Despois da súa longa tempada en París, Varela viviu en Florencia e logo en Washington, cidades onde se dedicou a facer traducións e eventuais traballos xornalísticos. En 1962, regresa a Lima para estabelecerse definitivamente e cando viaxa adoita facelo principalmente ós Estados Unidos, España e Francia. O feito que algunhas das súas obras sexan traducidas ó alemán, francés, inglés, italiano, portugués e ruso implica un recoñecemento á súa obra fóra das fronteiras do seu país natal. A diferenza doutros escritores, Blanca Varela non adoitaba dar entrevistas e as súas aparicións en público son máis ben escasas e discretas. Foi condecorada coa Medalla de Honra polo Instituto Nacional de Cultura do Perú.
Morreu o 12 de marzo de 2009 en Lima, á idade de 82 anos.
Obras
[editar | editar a fonte]- Ese puerto existe, 1959
- Luz de día, 1963
- Valses y otras falsas confesiones, 1971
- Ejercicios materiales, 1978 - 1993
- Canto Villano, 1978
- Camino a Babel , 1986
- El libro de barro, 1993 - 1994
- Concierto animal, 1999
- El falso teclado, 2001