Saltar ao contido

Billete de 5.000 dólares estadounidenses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Billete de 5.000 dólares de 1928.

O billete de 5.000 dólares estadounidenses foi un billete con ese valor facial emitido nos Estados Unidos entre 1861 e 1945.

A partir de 1969 os bancos estiveron obrigados a enviar ao Departamento do Tesouro todos os billetes que posuísen, para proceder á súa destrución.

Billete de 5.000 dólares da Colección Numismática Nacional dos EEUU (Museo Nacional de Historia Americana).

O billete de cinco mil dólares dos Estados Unidos imprimiuse en diferentes series datadas entre 1861 e 1945. Con todo, a Oficina de Gravado e Impresión seguiu a emitir os billetes ata 1969. Do mesmo xeito que outros billetes de valores faciais altos, non tiveron unha circulación ampla entre a poboación, dado que a súa creación tivo como propósito pirncipalmente facilitar as transaccións entre bancos.[1]

O 14 de xullo de 1969, o Departamento do Tesouro dos Estados Unidos anunciou que todos os billetes de valores nominais superiores a 100 dólares deixarían de emitirse,[1] e a partir desa data os bancos ficaron obrigados a enviar calquera billete de 5.000 dólares ao Departamento do Tesouro para a súa destrución.[2]

Coleccionismo

[editar | editar a fonte]

Algúns exemplares do billete de 5.000 dólares acadaron un alto valor no mercado do coleccionismo. En 2024, un espécime certificado acadou nunha poxa numismática o prezo de 144.000 dólares.[3] En 2023, un exemplar do billete de 5.000 dólares da Reserva Federal vendeuse na compañía de poxas Heritage Auctions por 300.000 dólares.[4]

  1. 1,0 1,1 "Historical Currency". Bureau of Engraving & Printing (BEP.gov).
  2. "Federal Reserve Notes". Board of Governors of the Federal Reserve System (Federalreserve.gov).
  3. "$5,000 Federal Reserve Note Realizes $144,000 in Auction". En Numismatic News. 23 de abril de 2024.
  4. "High denomination notes reaching higher prices in auctions". En Coin World. 2 de outubro de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]