Bikki Sunazawa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBikki Sunazawa
Nome orixinal(ja) 砂澤 ビッキ Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ja) 砂澤 恒雄 Editar o valor em Wikidata
6 de marzo de 1931 Editar o valor em Wikidata
Cikapuni Kotan, Xapón (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xaneiro de 1989 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Chuo-ku (Sapporo), Xapón (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Mieloma múltiple Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo ainu Editar o valor em Wikidata
EducaciónQ11402990 Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor , pintor , ilustrador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosOki (en) Traducir, Jin Sunazawa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Bikki Sunazawa (en xaponés: 砂澤ビッキ; tamén coñecido como Bikky Sunazawa ou Hisao Sunazawa) nado o 6 de marzo de 1931 e finado o 25 de xaneiro de 1989, foi artista, pintor e escultor ainu. Sunazawa é recoñecido por axudar a dar a coñecer a cultura ainu ao mundo a través das súas obras interpretadas ao xeito ainu.[1] Sunazawa tamén é coñecido por deseñar a bandeira dos ainus en 1971. O seu fillo Oki aplica o mesmo enfoque á música.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bandeira dos ainus deseñada por Bikki Sunazawa.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Naceu como Hisao Sunazawa en 1931, sendo os seus pais Koa-kanno e Peramonkoro Sunazawa, que foron figuras destacadas no movemento pola terra e os dereitos civís dos ainus. "Bikki" era un alcume da súa infancia. A súa nai Peramonkoro foi tamén unha das artistas téxtiles xaponesas máis respectadas do século XX.[2] Ao final da súa adolescencia, Sunazawa traballou coa súa familia e outras persoas para estabelecer un novo asentamento. Con 21 anos deixou Hokkaido para ir a Toquio, onde quedou atrapado no mundo artístico de vangarda do Xapón dos anos 50 e 60. Máis tarde foi recoñecido como un escultor destacado na arte xaponesa de posguerra. Na década de 1970, volveu a Hokkaido e estivo moi implicado no movemento de liberación ainu.[3]

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Tendo que disfrazar a súa arte ainu por mor da prohibición imposta polos xaponeses a principios do século XX, Sunazawa dedicou toda a súa vida á defensa da cultura ainu. Foi un dos primeiros iniciadores en estabelecer conexións coas tribos nativas americanas, a través da exposición dalgunhas das súas esculturas na Columbia Británica, onde se instalou durante un tempo. Coa súa fama crecendo, continuou usando a súa arte para difundir a cultura ainu a través de explicacións das súas creacións, entrevistas ou relacións dentro da comunidade artística.[4][5]

Como sinal de respecto, dous astrónomos afeccionados xaponeses, Kin Endate e Kazuro Watanabe, déronlle o seu nome ao planeta 5372 que eles descubriron o 29 de novembro de 1987.[6]

Pasamento[editar | editar a fonte]

Bikki Sunazawa morreu o 25 de xaneiro de 1989 por mor do cancro de medula ósea no Hospital Sapporo Aiiku. As esculturas de Sunazawa aínda están expostas, e o seu estudio "Sun More" está aberto ao público en Otoineppu, preto do río Teshio na illa de Hokkaido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dubreuil, Chisato O. (2004). From the Playground of the Gods: The Life and Art of Bikky Sunazawa (en inglés). Arctic Studies Center, National Museum of Natural History, Smithsonian Institution. ISBN 9780967342986. Consultado o 22 de abril de 2019. 
  2. Dubreuil, Chisato (Kitty) (3 de novembro de 2007). "The Ainu and Their Culture: A Critical Twenty-First Century Assessment | The Asia-Pacific Journal: Japan Focus". The Asia-Pacific Journal. Consultado o 22 de abril de 2019. 
  3. Chikuba, Susan Rogers. "Legacies of the Man Who Sculpted Wind from Trees, at the Museum of Modern Art, Hayama". artscape Japan (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2019. 
  4. "Bikky Sunazawa: Sculpted Spirits in Wood". Tokyo Art Beat (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2019. 
  5. Weiner, Michael (2004). Race, Ethnicity and Migration in Modern Japan: Imagined and imaginary minorites (en inglés). Taylor & Francis. p. 219. ISBN 9780415208574. Consultado o 22 de abril de 2019. 
  6. Schmadel, Lutz (2003). Dictionary of Minor Planet Names (en inglés). Springer Science & Business Media. p. 460. ISBN 9783540002383. Consultado o 22 de abril de 2019.