Premio Biblos-Pazos de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O premio Biblos-Pazos de Galicia é un premio de creación literario destinado á mocidade (os candidatos non deben superar os 25 anos de idade no momento de presentarse). A primeira edición foi en 2004. Está organizado por Biblos Clube de Lectores, co patrocinio de Pazos de Galicia. En pasadas edicións fíxose en colaboración con outras asociacións, tal que a AELG. A diferenza doutros premios, este premio non busca unha obra rematada senón un proxecto de obra, que será acabada polo gañador coa axuda dun titor experimentado[1] (en diversas edicións o papel de titor recaeu respectivamente sobre Xosé Luís Méndez Ferrín, María Xosé Queizán, Xabier P. DoCampo ou Darío Xohán Cabana, entre outros).

Algúns gañadores deste premio foron Elena Veiga Rilo, Iria López Teixeiro[2] ou o xornalista Alberto Ramos.

Na edición de 2012 o premio foi declarado deserto.[3]

Desde o ano 2013 cambia o seu nome O premio Biblos-Casa Grande Do Bachao para mozas e mozos, nesta novena edición dirixido á novela, co copatrocinio da Casa Grande do Bachao.

Gañadores[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nova sobre a 8ª edición". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2012. Consultado o 20 de xullo de 2012. 
  2. Iria López Teijeiro, Gañadora do I premio Biblos-Pazos de Galicia, no Faro de Vigo o 24 de xullo de 2005.
  3. Declarado deserto 8.º Premio Biblos-Pazos de Galicia de novela para menores de 25 anos Arquivado 23 de setembro de 2012 en Wayback Machine., en Biblos Clube, xullo de 2012.
  4. asociacionescritoras-es. "Betanzos: presentación de Os pantalóns nunca foron cousa boa, de Lidia Gómez Martínez | ::Axenda cultural AELG::". Consultado o 2022-03-04. 
  5. "Biblos declara deserto o seu premio de novela Pazos de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 2012-07-21. Consultado o 2022-03-04. 
  6. asociacionescritoras-es. "Iria Morgade gaña o 7.º Premio Biblos-Pazos de Galicia coa obra Verbas no ar | ::Axenda cultural AELG::". Consultado o 2022-03-04. 
  7. "Entregan el premio Biblos-Pazos de Galicia". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2022-03-04. 
  8. "«Relato de un estallido sordo», un libro sobre la Galicia rural de Pablo García". La Nueva España (en castelán). 2010-03-15. Consultado o 2022-03-04. 
  9. asociacionescritoras-es. "A Coruña: presentación do IV Premio Biblos-Pazos de Galicia | ::Axenda cultural AELG::". Consultado o 2022-03-04. 
  10. "TESELAS DE CIDADE. III PREMIO BIBLOS - PAZOS DE GALICIA". www.puntoycomalibros.com (en castelán). Consultado o 2022-03-04. 
  11. "Xa na rúa a obra gañadora do II Premio Biblos-Pazos de Galicia escrita por un estudante de Xornalismo". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 2022-03-04. 
  12. "La fenense Iria López obtiene el primer Premio Biblos de novela". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-07-23. Consultado o 2022-03-04. 
  13. "Iria López Teijeiro, gañadora do I Premio Biblos-Pazos de Galicia - Xenealoxía.org - Genealogía de Galicia". xenealoxia.org. Consultado o 2022-03-04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]