Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego
Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego, coñecida tamén como BIVIR, é unha biblioteca virtual xestionada pola Asociación de Tradutores Galegos que recolle as traducións directas ao galego de obras procedentes de diversas literaturas e autores estranxeiros, baixo a premisa de que os seus dereitos sexan de dominio público. Conta con centos de textos literarios traducidos dende múltiples linguas, como o francés, catalán, éuscaro, búlgaro, portugués, chinés, italiano, ruso, alemán ou xaponés. En canto aos autores e aos xéneros, abrangue un amplo espectro: dende por exemplo algúns poemas de Arthur Rimbaud até novelas de Grazia Deledda ou Nathaniel Hawthorne.
Permite a descarga de balde en formato PDF tanto directamente da páxina web oficial como doutros provedores, tal que Amazon[1].
Durante anos, un dos requisitos para a atribución do Premio de Tradución Plácido Castro foi que a obra presentada figurase no catálogo de BIVIR[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tradutoresgalegos.org
- ↑ A catedrática Camiño Noia (Nigrán), gaña ex aequo o 11º Premio de Tradución Plácido Castro. Arquivado 20 de abril de 2016 en Wayback Machine. en Minhor.org o 28 de novembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web da Biblioteca Arquivado 03 de febreiro de 2015 en Wayback Machine.