Biblioteca Nacional da Ajuda
Biblioteca Nacional da Ajuda | |
---|---|
Tipo | biblioteca |
En | Lisboa |
País | Portugal |
38°42′29″N 9°11′52″O / 38.707978432069, -9.1977637617191 | |
Na rede | |
http://bibliotecaajuda.bn.pt/index.htm | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Biblioteca Nacional da Ajuda é unha das máis antigas Bibliotecas de Portugal que se caracteriza, pola natureza e riqueza dos seus fondos, como unha biblioteca Patrimonial que ten por obxecto a conservación, estudo e divulgación do seu acervo documental.
Historia
[editar | editar a fonte]A orixe da Biblioteca da Ajuda remonta ao século XV, como Biblioteca Real, a súa antiga designación. Instalada posibelmente desde o século XVI no Paço da Ribeira, foi significativamente enriquecida por D. João V, vindo a perder a maior parte do seu rico tesouro no terremoto de 1755, téndose procedido á súa reinstalação no Paço de Madeira (chamado de Real Barraca), na Ajuda.
En 1811, tras as invasións francesas, a Biblioteca é trasladada para o Río de Xaneiro, para xunto da Corte, aí formando o núcleo inicial da actual Biblioteca Nacional. En 1821, regresa a Portugal o núcleo de manuscritos da Casa Real, ao cal se incorporan máis tarde as librarías da Compañía de Xesús (Casa Professa de São Roque e Colégio Santo Antão), alén das librarías da Congregação do Oratório e do Palacio das Necesidades.
A Biblioteca encóntrase localizada no Palacio da Axjda desde 1880.
Administrada pola Casa Real até á proclamação da República, os seus bibliotecarios foron Alexandre Herculano (1839-1877), Magalhães Coutinho (1877-1895) e Ramalho Ortigão (1895-1911). Tras a Proclamação da República o 1º director nomeado foi Jordão de Freitas (1918-1936).
Dependente de diversos departamentos do Estado do ámbito da Cultura desde a implantación da República, coa publicación do Dec.-Lei nº 115/2012, de 1 de xuño, a Biblioteca da Axuda pasou a estar integrada no Palacio Nacional da Ajuda, servizo dependente da Dirección-Xeral do Patrimonio Cultural.
Instalacións
[editar | editar a fonte]Localizada en sala propia, son abertas ao público 3 das 5 salas que compoñen á zona máis antiga da Biblioteca, que se distinguen especialmente polas súas dimensións, altura das estantes e galerías, polo seu mobiliario, alén dos teictos decorados a fresco por José Pereira Júnior. Nesa área encóntrase exposta, unha selección documental de valiosas especies manuscritas e impresas, como pequeno exemplo do tesouro da Biblioteca.
Biblioteca
[editar | editar a fonte]A Biblioteca da Ajuda contén un acervo patrimonial de grande importancia que se traduce por 3 quilómetros de extensión de prateleiras cun total de cerca de 150.000 especies, manuscritas e impresas, en que se destacan algunhas obras de carácter único e de recoñecida notabilidade como o Cancioneiro da Ajuda, o Libro de Livro de Traças de Carpintaria, ou Da fabrica que falece a cidade de Lisboa, de Francisco de Holanda.
A Colección de Manuscritos está constituída por 2.512 códices e cerca de 33.000 documentos avulsos (séc. XIII a XX), incluíndo códices iluminados, guións e atlas, bíblias, misceláneas históricas e literarias, alén dunha importante colección de crónicas (séc. XV a XVIII), nobiliarios e xenealoxías. Destacan os códices da Symmicta Lusitanica e códices dos Jesuítas na Asia que son fundamentais para a historia do Oriente (séc. XVIII).
A Colección de Manuscritos Musicais está formada por 2.950 códices e 10.200 avulsos, considerada como unha das máis valiosas do país e constituíndo a nivel internacional, un dos máis importantes núcleos de música de cámara e ópera do séc. XVIII e XIX.
A Colección de Impresos está composta por 16.000 monografías, 11.000 periódicos, para alén de 60.000 volumes de Libro Antigo, do séc. XVI a XVIII. Posúe unha importante colección de 190 incunábeis e unha colección de Libros Raros con cerca de 500 títulos, incluíndo exemplares únicos. Tamén se destaca o seu núcleo de atlas holandeses, franceses e alemáns (séc. XVI a XVIII) e unha colección de folletos con cerca de 9.000 títulos.
As coleccións de Cartografía, Iconografía e Fotografía, están constituídas por cerca de 2.500 especies cada unha, sendo de destacar a documentación fotográfica do séc. XIX e principios do séc. XX.
Inclúese tamén un conxunto de pezas e artefactos (séc. XVIII / XIX) do antigo obradoiro de encadernación da Biblioteca Real.
Servizos dispoñíbeis[1]
- Lectura presencial
- Servizo de Referencia
- Servizo de información bibliográfica
- Servio de reprodución
- Visitas de Estudo (mediante cita prévia)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Biblioteca da Ajuda – Direção-Geral do Património Cultural. Diretório BAD". www.bad.pt. Consultado o 2020-07-12.