Bessie Coleman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bessie Coleman
Bessie Coleman, First African American Pilot - GPN-2004-00027.jpg
Nome completoElizabeth Coleman
Nacemento26 de xaneiro de 1892
Lugar de nacementoAtlanta (Texas)
Falecemento30 de abril de 1926
Lugar de falecementoJacksonville, Florida
Causaaccidente ou incidente de aviación
SoterradaLincoln Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAfroamericano
Alma máterLangston University e Caudron School of Aviation
Ocupaciónaviadora, Activista polos dereitos humanos e stunt pilot
PremiosNational Women's Hall of Fame, Women in Aviation, International e Nacional Aviación Hall of Fame
Na rede
http://www.bessiecoleman.org/
WikiTree: Coleman-3543 Find a Grave: 19750 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Bessie Coleman, nada o 26 de xaneiro de 1892 e finada o 30 de abril de 1926, foi unha piloto civil estadounidense. Foi a primeira muller de ascendencia afroamericana, e tamén a primeira muller de ascendencia indíxena, en obter unha licenza de piloto.[1][2][3] Conseguiu a súa licenza de piloto internacional en 1921.[2][3][4] Nada no seo dunha familia de parceiros de Texas, comezou a traballar nos campos de algodón dende moi nova, pero tamén asistía a unha pequena escola segregada, chegando a asistir á Universidade Langston. Desenvolveu un temperán interese pola aviación, pero os afroamericanos, nativos americanos e mulleres non tiñan oportunidade de asistir a escolas de voo nos Estados Unidos. Por ese motivo, aforrou cartos para ir a Francia e converterse nun piloto con licenza. Axiña se converteu nunha exitosa piloto de exhibición nos Estados Unidos e o seu obxectivo era abrir unha escola de aviación para afroamericanos. Morreu nun accidente en 1926 cando estaba a probar o seu novo avión. O seu papel como muller pioneira serviu de inspiración para outros pilotos e para as comunidades afroamericanas e nativas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Coleman naceu o 26 de xaneiro de 1892 en Atlanta, Texas, a décima de trece fillos dos parceiros George Coleman, que era un cherokee con parte afroamericana, e Susan, que era afroamericana.[3][5][6]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A figura de Bessie Coleman foi a elixida como protagonista da primeira das moedas estadounidenses dun cuarto de dólar da serie Mulleres Americanas, dedicada ás mulleres máis representativas da historia dos Estados Unidos, na súa emisión de 2023.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bessie Coleman (1892-1926)". PBS.org. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2017. Consultado o 3 de marzo de 2010. 
  2. 2,0 2,1 "Some Notable Women In Aviation History". Women in Aviation International. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2016. Consultado o 10 de abril de 2008. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Onkst, David H. (2016). "Women in History: Bessie Coleman". Natural Resources Conservation Service Nevada. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2016. Consultado o 5 de xaneiro de 2016. 
  4. "Pioneer Hall of Fame". Women in Aviation International. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2008. Consultado o 10 de abril de 2008. 
  5. Ganson, Barbara (2014). Texas Takes Wing: A Century of Flight in the Lone Star State. Austin, Texas: University of Texas Press. p. 46. ISBN 978-0-292-75408-9. 
  6. "Texas Roots". BessieColeman.com. Atlanta Historical Museum. 2008. Consultado o 22 de xaneiro de 2008. 
  7. "Bessie Coleman Quarter". United States Mnit.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]