Berreo, Trazo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°56′29″N 8°59′38″O / 42.9414143, -8.9937647

Berreo
Campanario e Igrexa de Berreo.JPG
Campanario e Igrexa de Berreo
ConcelloTrazo
Área7,91 km²
Poboación284 hab. (2011)
Densidade35,9 hab./km²
Entidades de poboación10

San Mamede de Berreo é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Trazo. Segundo o IGE en 2011 tiña 284 habitantes (142 mulleres e 142 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 317 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

No ano 1181 o conde Gómez González da Casa de Traba tivo que mediar nun preito entre o arcebispo de Santiago Pedro Suárez, e os fillos do conde Bermudo Pérez de Traba. Antes a igrexa compostelá empeñara ao conde Bermudo varias terras en Touro e Vila de Cruces, despois de que o conde vestise o hábito moncal en Sobrado a igrexa compostelá volveu poseer as terras sen que ninguén reclamase mais ao pouco tempo os fillos do conde Bermudo alegaron unha obriga que fixera a igrexa en virtude do empréstito. Debido a que o arcebispo non recoñeceu esa obriga os fillos do conde Bermudo recorreron á violencia mallando nun cóengo sobriño do mitrado, este emprazou aos atacantes que viñeran onda el a dar satisfación do crime e o conde Gómez González de Traba impuxo a súa mediación reuníndose nesta igrexa de Berreo cos seus respectivos cortes de baróns e xentilhomes e os culpables a tras unha longa discusión chegouse ao acordo de que os fillos do conde Bermudo renunciasen ao dereito á obriga do arcebispo i este renunciou a castigalos pola malleira a seu sobriño.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Berreo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Berreo no concello de Trazo (A Coruña)

A Aldeavella | A Barca | Breixo | Carabelos | A Igrexa | Nogalláns | O Outeiro | As Vendas do Lengüelle | O Vilar | Vilasuso

Parroquias de Trazo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Trazo

Benza (San Pedro) | Berreo (San Mamede) | Campo (San Xoán) | Castelo (Santa María) | Chaián (Santa María) | Monzo (San Martiño) | Morlán (Santa María) | Restande (Santa María) | Trazo (Santa María) | Vilouchada (San Vicenzo) | Xavestre (San Cristovo)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]