Restande, Trazo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°2′41.39″N 08°34′55.79″O / 43.0448306, -8.5821639

Restande
Pazo de Vilacova.JPG
ConcelloTrazo
Área7,51 km²
Poboación295 hab. (2013)
Densidade39,28 hab./km²
Entidades de poboación9

Santa María de Restande é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Trazo. Segundo o IGE en 2013 tiña 295 habitantes (151 mulleres e 144 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 389 habitantes.

Patrimonio histórico-artístico[editar | editar a fonte]

Nesta parroquia atópase o pazo de Vilacova, preto da igrexa parroquial. Unha longa balconada apoiada en poderosas ménsulas e protexida con balaustrada de pedra percorre gran parte da fachada do pazo. Baixo ela ábrense cinco arcos de medio punto que dan acceso a un amplo soportal. A orixe deste pazo está relacionado cos Bermúdez de Montaos, que fundaron o vínculo de Vilacova en 1556. O edificio actual débese a unha reconstrución do século XVII. Está habitado e en bo estado.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Restande[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Restande no concello de Trazo (A Coruña)

Casal do Mato | O Castro | A Irexe | Pereiras | O Rego Salgueiro | Restande de Abaixo | Os Roxais | Tarrío | Vilacova

Parroquias de Trazo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Trazo

Benza (San Pedro) | Berreo (San Mamede) | Campo (San Xoán) | Castelo (Santa María) | Chaián (Santa María) | Monzo (San Martiño) | Morlán (Santa María) | Restande (Santa María) | Trazo (Santa María) | Vilouchada (San Vicenzo) | Xavestre (San Cristovo)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]