Bernat Martorell
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1390 (Gregoriano) ![]() Sant Celoni, España ![]() |
Morte | 1452 ![]() Barcelona, España ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Barcelona ![]() |
Ocupación | pintor, ilustrador, iluminador ![]() |
Período de actividade | 1427 (Gregoriano) ![]() ![]() |
Xénero artístico | Arte sacra ![]() |
Movemento | Gótico internacional (pt) ![]() ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
![]() |

Bernat Martorell, nado en Sant Celoni en 1390 e finado en Barcelona en 1452, foi un pintor catalán pertencente ao movemento do Gótico Internacional. Durante tempo foi coñecido como o Mestre de San Xurxo, pola súa obra mestra.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sábese pouco da súa vida antes de 1427, aínda que a mediados do século XV era un dos principais artistas de Cataluña. A maior parte das súas obras foron retablos, aínda que tamén deseñou vitrais e iluminou libros como as miniaturas que realizou para o "Libro de Horas" que se custodia no Instituto Municipal de Historia de Barcelona.
O seu estilo encádrase dentro da segunda etapa do gótico internacional en Cataluña, que está caracterizado por estar máis próximo ao estilo flamengo.
Obras
[editar | editar a fonte]- San Xurxo matando o Dragón (táboa). É a súa obra mestra. Forma parte das coleccións do Art Institute of Chicago e do Museo do Louvre de París.
- Decapitación de Xoán o Bautista e Salomé presentando a súa cabeza a Herodes.
- Natividade.
- Retablo da Transfiguración, na catedral de Barcelona.
- Retablo de San Pedro de Púbol (1437), no Museo Diocesano de Xirona.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bernat Martorell |
- Azcárate Ristori, J. M.ª de, Pintura gótica del siglo XV, en Historia del arte. Anaya. Madrid. 1986. ISBN 84-207-1408-9
- Roig, Josep L. Historia de Barcelona. Ed. El Periódico de Cataluña, Grupo Zeta, Barcelona. 1995 ISBN 84-8130-039-X