Bernardo Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBernardo Lorenzo
Biografía
NacementoFerrol Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Bernardo Lorenzo Cuétara, nado en Ferrol, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, e durante os seus anos de estudante como representante dos Comités Abertos de Faculdade foi vicedecano de estudantes da facultade de filosofía e ciencias da educación.[1] Entre 1991 e 1999 traballou nunha empresa de publicidade de Ferrol e dende 2005 é director dunha consultoría especializada en sociedade da información, comunicación política, planificación estratéxica e participación social. Militou no Bloque Nacionalista Galego e foi concelleiro por esa formación en Ferrol entre 1999 e 2003. Tras marchar do Bloque foi dende 2013 un dos coordinadores de Espazo Ecosocialista en Ferrolterra [2] e vicecoordinador de acción electoral e política municipal da formación.[3] Nas eleccións locais de 2019 foi o candidato á alcaldía da súa cidade natal por Marea de Ferrol.

Notas[editar | editar a fonte]