Estadio Benito Villamarín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Estadio Manuel Ruiz de Lopera»)

Coordenadas: 37°21′23″N 5°58′54″O / 37.356403, -5.981611

Estadio Benito Villamarín
Datos
LocalizaciónSevilla, España
Construción
Inauguración1929 (Estadio Benito Villamarín)
1 de xaneiro de 2000 (Estadio Manuel Ruiz de Lopera)
ArquitectoAntonio González Cordón
Manuel López Ruiz
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68
Capacidade56.432
PropietarioReal Betis
LocalíaReal Betis
Eventos
Mundial de Fútbol España 1982

O Estadio Benito Villamarín é un estadio de fútbol da cidade de Sevilla, España, onde xoga os seus partidos como local o Real Betis. É o segundo estadio en capacidade da cidade tras o Estadio de La Cartuja.

Leva o seu nome na honra a Benito Villamarín, un dos presidentes do club, segundo votación realizada polos abonados en outubro de 2010[1], en substitución do nome Manuel Ruiz de Lopera que levaba dende o ano 2000, recuperando así o seu nome orixinal.

Historia[editar | editar a fonte]

O Sevilla Balompié, precursor do Real Betis Balompié xogaba inicialmente no Prado de San Sebastián. En 1920, comeza a xogar no campo do Real Patronato Obrero. A partir do 17 de marzo de 1929 comeza a xogar no Estadio de Heliópolis. Este é sucesivamente remodelado ata converterse no estadio actual. As máis importantes modificacións foron: A construción dos goles Norte e Sur no ano 1958. Posteriormente, volveuse a construír os goles Norte e Sur entre os anos 1971 e 1973. Construción da Tribuna de Beiril 1975. e construción da Tribuna de Fondo en 1979. A construción da Tribuna de Preferencia en 1981 e a construción do 1er Anfiteatro da bancada de preferencia en 1982. Queda o estadio, cunha capacidade de 45.000 espectadores, 27.000 deles sentados. Nel xóganse partidos do Mundial de España'82 e o famoso 12-1 de España a Malta que clasificou á selección española para a fase final da 1984.

Nova denominación[editar | editar a fonte]

O 16 de outubro de 2010, fixéronse públicos os resultados da votación realizada entre os abonados para determinar o novo nome do estadio. A participación foi do 30%. Unha minoría de 160 persoas votou por continuar co nome que levara os últimos anos Manuel Ruiz de Lopera. En cambio 6.107 (61,5%) optaron por que volvese á denominación anterior Benito Villamarín. A opción Heliópolis obtivo 2.786 votos (28%)[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]