Saltar ao contido

Berícidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Berícidos
Berycidae
Richard Thomas Lowe 1839 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Subdivisións
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseActinopteri
OrdeBeryciformes
FamiliaBerycidae Editar o valor en Wikidata
R. T. Lowe, 1839 Berycidae Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/04zwjqn Editar o valor en Wikidata
ITIS166153 Editar o valor en Wikidata
OTT118776 Editar o valor en Wikidata
CoL76V Editar o valor en Wikidata
EOL8239 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Os berícidos (Berycidae) son unha familia de peixes teleósteos, da orde Bericiformes (Beryciformes). Son exclusivamente mariños e distribúense polos océanos Atlántico, Índico e centro-oeste do Pacífico, normalmente entre os 200 e os 600 m de profundidade.

Características

[editar | editar a fonte]

O corpo é de perfil ovoide e comoprimido lateralmente, ollos grandes e circulares, boca grande e oblicua, con numerosos dentes pequenos, dispostos en bandas e tamén presentes no vómer e no padal. No opérculo posúen unha espiña forte e ríxida dirixida cara a atrás.

Presentan unha aleta dorsal, provista de 4 a 7 espiñas que aumentan de tamaño progresivamente desde a primeira á última, seguidas de 12 a 20 radios brandos; e unha aleta anal, con 4 espiñas seguidas de 12-17 (ata 29) radios brandos; unha única espiña en cada aleta pelviana. Aletas pectorais grandes. Caudal bifurcada.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Divídense en dous xéneros con dez especies:

  • Xénero Beryx (Cuvier 1829)
  • Xénero Centroberyx (Gill 1862)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]