Saltar ao contido

Benjamin Morrell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBenjamin Morrell

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xullo de 1795 Editar o valor en Wikidata
Rye, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Mortec. 1839 (>1838) Editar o valor en Wikidata (43/44 anos)
Actividade
Ocupaciónexplorador Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAbby Jane Morrell Editar o valor en Wikidata

Benjamin Morrell, nado o 5 de xullo de 1795 e finado en 1839, foi un mariño e explorador estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Entre 1823 e 1831 realizou catro viaxes de relevancia, principalmente polo océano Antártico, as illas do Pacífico e mais as costas orientais de América. Escribiu un libro de memorias sobre as súas viaxes titulado A Narrative of Four Voyages e, a raíz das informacións achegadas nel, gañouse unha pésima reputación como fabulador polas inexactitudes que contiña e tamén pola forma fantasiosa de expoñer as súas experiencias. Con posterioridade, demostrouse que moitas descubertas xeográficss sobre os que informou non existían, especialmente os realizados na Antártida, sendo o caso máis rechamante a inexistente Nova Groenlandia do Sur.