Benigno Rey Balbís
Benigno Rey Balbís | |
---|---|
Nacemento | 1912 |
Lugar de nacemento | Reboredo |
Falecemento | 11 de novembro de 1993 |
Lugar de falecemento | Gandarío |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
Irmáns | Francisco Rey Balbís |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Benigno Rey Balbís, nado en Reboredo (Bergondo) en 1912 e finado en Gandarío o 11 de novembro de 1993,[1] foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Benigno Rey Infante, patrón de barco, e irmán de Francisco Rey Balbís. Mariñeiro, en maio de 1935 aprobou o exame de patrón de tráfico.[2] Foi enlace da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia que comandaba o seu irmán Moncho. Conseguiu marchar a Francia en 1950. A Garda Civil obrigou a súa irmá Josefa a identificar como seu o cadáver dun guerrilleiro falecido o 4 de outubro de 1950 cando a Garda Civil o sorpredeu xunto cun compañeiro refuxiados nunha casa dos Campos de Vigo de San Xurxo de Moeche (Moeche) onde se ocultaban. Cercados, saíron ás présas, un foi ferido e despois rematado no chán mentres o outro logrou romper o cerco e fuxir. O cadáver do guerrilleiro foi soterrado no cemiterio de Moeche e a súa defunción inscrita no Rexistro civil como Benigno Rey Balbís.[3] Benigno retornou a Galicia en 1979. Nas eleccións municipais de 1983 formou parte da candidatura de Esquerda Galega ao concello de Bergondo.[4] Morreu en Gandarío (Bergondo) o 11 de novembro de 1993.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con María Lata Bujía e foi pai de María del Carmen, Fina, Benigno e Francisca Rey Lata.