Benigno Campos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benigno Campos Melón
Benigno Campos Melón, Porta do Sol de Vigo, 2016.jpg
en 2016, na Feira do Libro de Vigo.
Nacemento7 de agosto de 1949
 Chapela, Redondela
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncociñeiro televisivo
editar datos en Wikidata ]

Benigno Campos Melón, nado en Chapela, Redondela, o 7 de agosto de 1949, é un cociñeiro televisivo galego, coñecido pola súa aparición no programa Larpeiros da TVG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Arnaldo e Lucila, estudou o bacharelato no Instituto Santa Irene de Vigo e no Colexio Alba. En 1971 foi facer o servizo militar obrigatorio a Madrid, onde comezou a cociñar. Traballou nunha empresa da construción naval durante trinta e nove anos. En 2008, xa xubilado, chamárono para participar nun programa de cociña na Televisión de Galicia, que acadou gran éxito. O primeiro dos libros de cociña que publicou, en galego, con prólogo de Xosé Cermeño, editado por Galaxia, conseguiu chegar á oitava edición en menos dun ano, vendendo máis de 50 000 exemplares. A Editorial Everest publicou a versión en castelán, esgotándose nunha semana toda a tirada da primeira edición.[1]

Libros publicados[editar | editar a fonte]

  • A cociña de Larpeiros: 150 receitas de Benigno Campos, 2009, Editorial Galaxia.[2]
  • La cocina de Benigno Campos ¿qué vamos a comer hoy?, 2010, Editorial Everest.
  • Novas receitas da cociña de Larpeiros, 2010, Editorial Galaxia.
  • Onde mercan os Larpeiros, 2011, Editorial Galaxia.
  • Volve a cociña de Larpeiros, 2013, Editorial Galaxia.
  • Cociñando con Benigno Campos, 2014, Editorial Galaxia.
  • Peixes e mariscos. As receitas de Benigno Campos, 2016, Editorial Galaxia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]