Begoña Vila
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1963 (60/61 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
Residencia | Washington, D.C. |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Manchester Instituto de Astrofísica de Canarias Universidade de Manchester |
Actividade | |
Ocupación | astrofísica , enxeñeira |
Lingua | Lingua castelá, lingua inglesa e lingua galega |
Premios
|
Begoña Vila Costas, nada en 1963 en Vigo, é unha astrofísica galega especializada no estudo de galaxias espirais.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e no Instituto de Astrofísica das Canarias (1981-1986) e doutorouse no Centro Jodrell Bank para Astrofísicos da Universidade de Manchester (1989)[2].
Traballou para a Axencia Espacial Canadense no deseño e construción do Fine Guidance Sensor (FGS), o sensor do telescopio espacial James Webb[3]. O FGS foi entregado á NASA en 2012, momento no que decidiron contratala no departamento de enxeñería de sistemas da NASA do GSFC (Programa Xeofísico, Xeodinámica e de Espazo Xeodésico)[4] do Fine Guidance Sensor (FGS), sensor que levará o telescopio espacial James Webb ademais de ser a encargada da proba fría final do grupo de instrumentos antes da súa integración co telescopio.[5]
Un ano despois, Vilas foi nomeada ‘FGS lead systems engineer’, ou o que é o mesmo: a persoa de referencia na toma de decisións en relación ao sensor. [2] Vila é a encargada de controlar que o telescopio espacial James Webb -sucesor do "Hubble"- teña a máxima precisión na toma de imaxes despois do lanzamento, e posta en órbita o 25 de decembro de 2021, a bordo dun foguete Ariane 5.[6]
En 2018 residía en Washington, D.C., onde traballaba como enxeñería de sistemas no centro de voo espacial Goddard.
É membro da ECUSA-DC, asociación que engloba á comunidade científica española das áreas de Washington DC, Maryland e Virxinia.[7]
Premios e distincións
[editar | editar a fonte]- 2016 “Exceptional Public Achievement” (Logro Público Excepcional). Galardón que lle outorgou a NASA, os anos de logros excepcionais e liderado no deseño, desenvolvemento e probas do FGS[2] como parte do seu traballo no James Webb.[8]
- 2017 Premio María Josefa Wonenburger Planells.[9] Outorgado pola Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia polo seu excelente labor científico.[8]
- En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Begoña Vila Costas". Consultado o 31 de outubro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Begoña Vila Costas". Mulleres en Galicia. Consultado o 7/4/2019.
- ↑ "Begoña Vila Costas". igualdade.xunta.gal. Consultado o 2022-03-31.
- ↑ "Work in Action – NASA GSFC" (en inglés). Consultado o 5 novembro 2018.
- ↑ "“O telescopio James Webb verá as primeiras luces do universo”". Consultado o 5 novembro 2018.
- ↑ "data de lanzamento do Telescopio espacial James Webb" (en inglés). Consultado o 4 xaneiro 2022.
- ↑ "Begoña Vila: “Co novo telescopio da NASA miraremos as primeiras estrelas”". GCiencia. Xornalismo+Divulgación. Consultado o 07/04/2019.
- ↑ 8,0 8,1 "Begoña Vila Costas". PREMIOS MARÍA JOSEFA WONENBURGER PLANELLS. Consultado o 07/04/2019.
- ↑ "A astrofísica Begoña Vila gaña o premio Wonenburger". Consultado o 30 de outubro de 2017.
- ↑ García, Victoria (2019-03-07). "Vinte mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer". GCiencia. Consultado o 2023-02-11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cuentos de buenas noches para nuestras niñas rebeldes. Editorial Destino, 2021. ISBN: 9788408241676
- Elas, levarónnos ao espazo. 2022 ISBN=978-84-8158-952-8
Ligazóns
[editar | editar a fonte]- Entrevista de Mila Alonso en Gciencia