Beatriz Manjón
Aparencia
Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría. |
Beatriz Manjón, tamén coñecida como Bea Manjón, nada en Ferrol o 7 de marzo de 1976, é unha xornalista e presentadora de televisión galega.[1]
Licenciada en xornalismo, presentou varios programas de televisión, a maioría deles na Televisión de Galicia, coma Bravo polos amigos (2002) xunto con Alberto Comesaña, Noite Brava (2004),[2] Noitemóbil (2006)[3] ou Buscando estrelas xunto con Tacho González (2007).[4]
Presentou o concurso cultural Teletreando na canle 7 Región de Murcia e o talk-show La Bomba en Canal Nou. Colaborou noutras cadeas coma TVE, Canal Sur ou Antena 3.
Escribiu dende 2008 ata 2010 unha columna en La Voz de Galicia chamada El Cuaderno de Beatriz.
Presenta a Revista Fin de Semana da TVG.[5]
Notas
- ↑ Artigo en La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Noite Brava, primeiro programa.
- ↑ "Beatriz Manjón, volta e noite", artigo en Galicia Hoxe.
- ↑ "Buscando estrelas chega mañá mércores á TVG", Xornal.com.
- ↑ Revista Fin de Semana na TVG.