Beatriz Manjón
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de marzo de 1976 Ferrol |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Navarra IES Sánchez Cantón |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, presentadora, presentadora de televisión |
Beatriz Manjón Bermúdez, nada en Ferrol o 7 de marzo de 1976, é unha escritora, xornalista e presentadora de televisión galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no IES Sánchez Cantón, na Universidade de Navarra e na de Santiago de Compostela. Filla de nai cordobesa, é licenciada en xornalismo. Presentou varios programas de televisión, a maioría deles na Televisión de Galicia, coma Bravo polos amigos (2002) xunto con Alberto Comesaña, Noite Brava (2004), Noitemóbil (2006)[2], Buscando estrelas xunto con Tacho González (2007), a Revista Fin de Semana, A Solaina ou Voga voga mariñeiro (2014).[3]
Presentou o concurso cultural Teletreando na canle La 7, da Rexión de Murcia e o talk-show La Bomba en Canal Nou. Colaborou noutras cadeas coma TVE, Canal Sur ou Antena 3.[4]
Escribiu dende 2008 ata 2010 unha columna en La Voz de Galicia chamada "El Cuaderno de Beatriz" e en 2012 publicou a novela Héroes de polvo (editorial: Suma de Editores).
En 2025 incorporouse ao programa Quen anda aí?, da TVG, onde substituíu a Roberto Vilar.[5]
Obra literaria
[editar | editar a fonte]- Héroes de polvo (2012). Suma. 336 páxs. ISBN 9788483653364.
- Una vez fui bella (2022. Monóculo. ISBN 9788412437065.
- No me salves (2023). Monóculo. 184 páxs. ISBN 9788412690729.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Artigo en La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ "Beatriz Manjón, volta e noite" Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine., artigo en Galicia Hoxe.
- ↑ Voga voga mariñeiro á carta na páxina da TVG.
- ↑ "Beatriz Manjón". Anika Entre Libros (en castelán). Consultado o 2025-10-22.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2025-09-29). "Beatriz Manjón: así es la presentadora que sustituirá a Roberto Vilar en 'Quen anda aí?'". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2025-10-22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb.
- Currículo[Ligazón morta] en Mundo Mejor Producciones.