Saltar ao contido

I Feel Fine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«I Feel Fine»
Canción de The Beatles
Lanzamento Reino Unido - 27 de novembro de 1964
Estados Unidos - 23 de novembro de 1964
Formato Sinxelo 7", 45 RPM
Gravada 18 de outubro de 1964 — EMI Studios, Londres
Xénero musical Rock and roll
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 2:18
Discográfica Parlophone (GBR)
Capitol Records (USA)
Produtor(es) George Martin
Escritor(es) Lennon—McCartney
Cronoloxía
«A Hard Day's Night» «I Feel Fine» «Ticket to Ride»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

«I Feel Fine» é unha canción do grupo de rock británico The Beatles, escrita por John Lennon (aínda que aparece acreditada como Lennon-McCartney). Foi lanzada en disco sinxelo en 1964, sendo o oitavo da banda.

Desprazou das listas á canción dos Rolling Stones «Little Red Rooster». O sinxelo foi lanzado o 27 de novembro de 1964 como cara A xunto a «She's a Woman», escrita por Paul McCartney, como cara B. O riff desta canción converteuse nun dos característicos de The Beatles xunto aos posteriores de «Day Tripper», «Ticket to Ride», «And Your Bird Can Sing» e «Paperback Writer».

Composición

[editar | editar a fonte]

John Lennon comezou a escribir «I Feel Fine» mentres estaba gravando «Eight Days a Week». Considéralla como unha das súas composicións máis optimistas. O riff inicial foille inspirado pola canción de Bobby Parker «Watch Your Step».

A retroacción conseguida por Lennon ao comezo da canción pasou á historia da música como a primeira vez na que un grupo de rock utilizaba un axuste do amplificador na gravación. O son foi descuberto por casualidade polos Beatles, ao inclinar Lennon unha das guitarras electro-acústicas contra o amplificador, producindo un son parecido ao que acabou aparecendo no disco. Posteriormente o son foi conseguido facendo soar a quinta cordo ao aire, e progresivamente subindo o volume do seu amplificador Vox. O axuste como recurso musical foi usado en vivo por músicos como Jimi Hendrix, The Kinks e The Who.

Foi interpretada en vivo de forma ininterrompida desde decembro de 1964 ata as súas últimas presentacións en agosto de 1966. Nalgunhas presentacións do ano 1965, Lennon adoitaba iniciar a canción tocando o riff inicial cunha Gibson modelo J-160E, a mesma coa que gravou o histórico axuste, mentres George Harrison seguíao coa súa Gretsch Tennessean.

O persoal utilizado na gravación da canción foi o seguinte:[1]

The Beatles
  1. (MacDonald 2005, p. 136)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Harry, Bill (2000). Virgin Publishing, ed. The Beatles — Encyclopedia. Revised and updated (en inglés). Londres. ISBN 0 7535 0481 2. 
  • MacDonald, Ian (2005). Revolution in the Head: The Beatles' Records and the Sixties (en inglés) (2ª edición revisada ed.). Londres: Pimlico (Rand). ISBN 1-844-13828-3. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]