Baía de Buzzards
Coordenadas: 41°34′0″N 70°46′0″O / 41.56667, -70.76667
A baía de Buzzards (en inglés Buzzards Bay) é unha baía do océano Atlántico, situada en Massachusetts, Estados Unidos.
Ten unha lonxitude de 45 km e unha anchura máxima de 12 km. É un destino moi popular para a pesca e a navegación deportivas.
Desde 1914 está conectada á baía do cabo Cod polo canal de cabo Cod. En 1988, baixo a Clean Water Act (lei da auga limpa), a Axencia de Protección Ambiental e o estado de Massachusetts inscribírona no programa nacional dos estuarios, co título de "estuario de importancia nacional" ameazado pola contaminación, o ordenamento do territorio ou o uso excesivo dos recursos.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está rodeada polo sur polas illas Elizabeth, o cabo Cod ao leste e o continente ao noroeste. Ao suroeste, está conectada coa estreito de Rhode Island (Rhode Island Sound). O seu porto principal é a cidade de New Bedford, que foi o principal porto de pesca de baleas do mundo a principios do século XIX.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Buzzards Bay to the National Estuary Program Arquivado 22 de xullo de 2012 en Wayback Machine. (en inglés).