Saltar ao contido

Baywatch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Baywatch
Logotipo
 Instancia de
 Título
Baywatch (en)
Baywatch: Hawaii (en) Editar o valor en Wikidata
 Xénero artístico
 Lingua orixinal
Obras e produtos
 Ambientado en
 Universo ficticio
 Personaxes
Implicados
 Creador/a
 Compositor/a
 Actores
Organizacións
 Compañía produtora
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
23 de abril de 1989 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
14 de maio de 2001 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración45 min Editar o valor en Wikidata
Número de episodios242 Editar o valor en Wikidata
Número de tempadas11 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Recoñecemento
 Premios e distincións
Códigos e identificadores
VIAF184784124 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01plyx Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Descrito pola fonte
IMDB: tt0096542 Allocine: 321 Rottentomatoes: tv/baywatch Metacritic: tv/baywatch TV.com: shows/baywatch
Facebook: baywatch Twitter: baywatch Instagram: baywatchtv Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Baywatch foi unha serie de televisión estadounidense sobre socorristas que vixiaban as praias dos Ánxeles, en California. A serie emitiuse de 1989 até 1999 (e de 1999-2001 como Baywatch Hawaii). Segundo o Libro Guinness dos Récords Mundiais, Baywatch é a serie de TV mais vista de todos os tempos, con máis de 1,1 mil millóns de espectadores en 142 países no ano de 1996.[1]

Gregory J. Bonann traballou como socorrista nos Ánxeles, e iniciou un proxecto de película sobre socorristas que logo se convertería en Baywatch. Baywatch estreouse na NBC en 1989, mais foi cancelado despois de só unha temporada debido ao elevado custo da súa produción e baixa audiencia. Sentindo que a serie aínda tiña grande potencial, David Hasselhoff reavivouna para a first-run syndication en 1991, investindo nela e, adicionalmente traballando como produtor executivo, obtendo grande éxito, especialmente no estranxeiro. A serie resultou nun spin-off, Baywatch Nigths, e nunha película, Baywatch: Hawaiian Wedding.

En 1999 proxectouse unha versión australiana e os actores viaxaron a Sydney para a rodaxe. A idea era mostrar todas as estrelas no piloto, interactuando cunha organización local e, así, crear "Baywatch Downunder". Un piloto foi filmado, mais a serie foi interrompida cando os residentes de Avalon protestaron, acusándoa de producir danos no fráxil ecosistema. O municipio de Avalon foi excluído logo permanentemente de todas as futuras rodaxes, e cancelouse a execución da serie no lugar.

Na 10 ª temporada, o lugar de gravación foi alterado para o Hawai e o nome foi alterado para o de Baywatch Hawaii.

En 2003, David Hasselhoff decidiu reunir os personaxes máis carismáticos que fixeran parte da serie para gravar un filme no Hawai, titulado Baywatch: Hawaiian Wedding.

A estrela da serie é David Hasselhoff, da famosa serie de TV Knight Rider, interpretando a Mitch Buchannon. Hasselhof foi o único que actuou en todas as temporadas, seguido por Michael Newman, que fixo 10 das 11 temporadas. Baywatch centrábase no trabalho dun equipo de socorristas de praia e as súas relacións interpersoais, con situacións normalmente centradas sobre os perigos relacionados coa praia e outras actividades pertinentes para as praias de California (máis tarde Hawai). Desde tremores de terra até ataques de tiburóns, asasinos en serie e até mesmo bombas nucleares, serviron como sinopse para conflitos na serie. Salvar persoas de afogarse tendía a ser unha das situacións máis utilizadas na serie. Así, un trazo característico da serie era o movemento lento amosando os corpos dos socorristas correndo.

Mostráronse moitos actores e actrices diferentes durante a longa serie mais a maioría aparecen só nalgunhas temporadas. Algúns dos personaxes que se tornaron famosos foron Pamela Anderson, Yasmine Bleeth, Carmen Electra, Erika Eleniak, Donna D'Errico, Nicole Eggert, David Chokachi, Gena Lee Nolin, Jaason Simmons, e Kelly Slater, un surfista profesional, entre moitos outros. Erin Gray, ex-estrela de Silver Spoons e Buck Rogers, estiveron no elenco.

David Hasselhoff
Pamela Anderson
Erika Eleniak
Carmen Electra
David Chokachi
Kelly Slater

Principais actores e os seus personaxes

[editar | editar a fonte]

Baywatch (1989 - 1999)

[editar | editar a fonte]
ActorPersonaxeTemporadas
David HasselhoffMitch Buchannon1989 - 2000
Michael NewmanMike 'Newmie' Newman1989 - 2001
John Allen NelsonJohn D. Cort1989 - 1995
Parker StevensonCraig Pomeroy1989 - 1990, 1997 - 1999
Gregory Alan WilliamsGarner Ellerbee1989 - 1995
Erika EleniakShauni McClain1989 - 1992
Billy WarlockEddie Kramer1989 - 1992
Monte MarkhamDon Thorpe1989 - 1992
Brandon Call
Jeremy Jackson
Hobie Buchannon1989 - 1990
1991 - 1999
Peter PhelpsTrevor Cole1989 - 1990
Holly GagnierGina Pomeroy1989 - 1990
Shawn WeatherlyJill Riley1989 - 1990
Alexandra PaulStephanie Holden1992 - 1997
Pamela AndersonC.J. Parker1992 - 1997
David CharvetMatt Brody1992 - 1995
Nicole EggertSummer Quinn1992 - 1994
Kelly SlaterJimmy Slade1992 - 1993
Yasmine BleethCaroline Holden1994 - 1997
Jaason SimmonsLogan Fowler1994 - 1996
Gena Lee NolinNeely Capshaw1995 - 1998
David ChokachiCody Madison1995 - 1999
Traci BinghamJordan Tate1996 - 1998
Donna D'ErricoDonna Marco1996 - 1998
José SolanoManny Gutierrez1996 - 1998
Nancy ValenSamantha Thomas1996 - 1997
Michael BerginJ.D. Darius1997 - 2001
Kelly PackardApril Giminski1997 - 1999
Marliece AndradaSkylar Bergman1997 - 1998
Angelica BridgesTaylor Walsh1997 - 1998
Carmen ElectraLani McKenzie1997 - 1998
Brooke BurnsJessie Owens1998 - 2001
Mitzi KaptureAlex Ryker1998 - 1999

Baywatch Hawaii (1999 – 2001)

[editar | editar a fonte]
ActorPersonaxeTemporadas
David HasselhoffMitch Buchannon1989 - 2000
Michael BerginJ.D. Darius1997 - 2001
Brooke BurnsJessie Owens1998 - 2001
Jason BrooksSean Monroe1999 - 2001
Brandy LedfordDawn Masterson1999 - 2000
Simmone Jade MackinnonAllie Reese1999 - 2000
Jason MomoaJason Ioane1999 - 2001
Stacy KamanoKekoa Tanaka1999 - 2001
Krista AllenJenna Avid2000 - 2001
Charlie BrumblyZach McEwan2000 - 2001
Brande RoderickLeigh Dyer2000 - 2001
Alicia RickterCarrie Sharp2000 - 2001

Banda sonora

[editar | editar a fonte]

O primeiro tema musical que acompañou o episodio piloto e a primeira temporada foi Above the Waterline por Kim Carnes. A edición de DVD da primeira temporada, o tema principal orixinal foi substituído pola canción Strong Enough, gravada por Bryan Olson (de seu álbum, Áudio).

O tema orixinal da NBC era Save Me, gravado por Peter Cetera, con Raitt Bonnie na guitarra e Richard Sterban, cantante de The Oak Ridge Boys, como un dos vocalistas.

Para a temporada da first-run syndication, foi gravado un novo tema por Jimi Jamison (de Survivor) substituíndo Save Me, chamado I'll Be Ready, o máis recoñecido.

Cando os episodios da NBC comezaron a emitirse cinco veces por semana con todos os da first-run syndication, o tema de abertura foi alterado para unha versión máis curta do I'm Always Here, mantendo algunhas imaxes da abertura orixinal da NBC.

Daivd Hasselhoff cantou Current of Love como o tema final da 2ª á 4ª temporada. Xuntamente con Laura Branigan cantou I Believe como o tema de peche da 5ª temporada.

En 2006, remixes do tema oficial de Baywatch, I'll Be Ready foron feitas por Naughty Boy e Sunblock como sinxelos. Tamén hai unha versión popular de I'm Always Here feita por Andrew Spencer e Pit Bailay en 2005/2006.

Unha versión instrumental da canción aparece no episodio "Battles" da serie de televisión inglesa Spaced.

  1. ""Largest TV audience - series"". 28 de febreiro de 2008. Consultado o 06/09/2008.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]