Battlestar Galactica (serie de 2004)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grace Park é unha das intérpretes de Battlestar Galactica

Battlestar Galactica é unha serie de televisión británico-canadense-estadounidense de ciencia ficción que forma parte do universo Battlestar Galactica. David Eick e Ronald D. Moore creárona como reelaboración da serie de televisión de 1978, Battlestar Galactica creada por Glen A. Larson.

Características[editar | editar a fonte]

A serie comezou como unha miniserie de tres horas en decembro de 2003 na canle Syfy dos Estados Unidos, por mor do seu éxito, foi un dos programas máis vistos na historia da canle, déuselle continuidade como serie durante catro tempadas. A primeira emisión da serie foi no Reino Unido o 18 de outubro de 2004 transmitida por Sky One, o último episodio emitiuse o 20 de marzo de 2009. Os protagonistas principais son Edward James Olmos e Mary McDonnell, contou coa aprobación da crítica, levando un Premio Peabody e o da Television Critics Association ó mellor programa do ano.

A serie tamén foi moi popular en Canadá, Europa e Australia. Do argumento da serie vaise emitir outra chamada Caprica prevista para se emitir en xaneiro de 2010 pero o episodio piloto xa saíu en DVD e para descarga directa.

Argumento[editar | editar a fonte]

A historia de Battlestar Galactica transcorre nunha parte afastada da galaxia, onde unha civilización de seres humanos viven nunha serie de planetas coñecidos como as Doce Colonias. No pasado, as colonias estiveran en guerra cunha raza cibernética coñecida como cylons. Coa axuda involuntaria dun ser humano chamado Gaius Baltar, os cylons lanzan un ataque por sorpresa sobre as Doce colonias, destruíndo os planetas, arrasando á súa poboación. Uns poucos sobreviventes humanos foxen para o espazo a bordo de calquera nave espacial que estea ó seu alcance. De todas as frota colonial, a Battlestar Galactica parece ser a única nave militar importante que sobreviviu ao ataque. Baixo o liderado do famoso líder militar comandante William "Bill" Adama, a Battlestar Galactica e a súa tripulación asume a tarefa de liderar a pequena frota dos superviventes no espazo en busca dun lugar lendario coñecido como Terra.