Mary McDonnell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mary McDonnell
Nacemento28 de abril de 1952
LugarWilkes-Barre
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educada enState University of New York at Fredonia e Ithaca High School
Cónxuxe(s)Randle Mell
Profesiónactriz de cinema, actriz de televisión, actriz de teatro e actriz
Na rede
IMDB: nm0001521 Allocine: 13989 Rottentomatoes: celebrity/mary_mcdonnell Allmovie: p47297 Metacritic: person/mary-mcdonnell TV.com: people/mary-mcdonnell IBDB: 52281
iTunes: 213345389 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mary Eileen McDonnell, nada en Wilkes-Barre (Pensilvania), o 28 de abril de 1952, é unha actriz estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

McDonnell naceu en Wilkes-Barre, Pensilvania, e creceu en Ithaca, Nova York. É filla de Eileen (de solteira Mundy) e John "Jack" McDonnell, asistente informático.[1] Os seus irmáns son Jane, Sally, Judith, Jackie e John.[2] É de ascendencia irlandesa.[3] Tras graduarse da State University of New York at Fredonia, estudou arte dramática e uniuse ao Long Wharf Theatre de New Haven, Connecticut.

McDonnell gañou un premio Obie á mellor actriz en 1981 polo seu traballo na obra Still Life.[4] En Broadway, participou en produción de Execution of Justice, The Heidi Chronicles e Summer and Smoke.

Despois de máis de vinte e un anos de traballo no teatro e na televisión, McDonnell revelouse no cinema en 1990 interpretando a filla duns colonos estadounidenses criada polos síux en Dances with Wolves, de Kevin Costner. Interpretaba a filla adoptada pola personaxe de Graham Greene con 37 anos, só dez meses máis nova que Greene e menos de dous anos máis nova que Tantoo Cardinal, que interpretaba a súa nai adoptiva. Foi candidata ao Óscar á mellor actriz secundaria por este papel.[5] O seu papel en Passion Fish (1992) proporcionoulle outra candidatura ao Óscar, nesta ocasión á mellor actriz.[6]

Na televisión, McDonnell tivo o seu primeiro papel recorrente en 1980 na telenovela As the World Turns. Protagonizou en 1984 a comedia médica de pouco éxito E/R e por coincidencia tamén apareceu en 2001 na serie médica da NBC do mesmo título ER, pola que foi candidata ao Emmy polo seu papel de Eleanor Carter. Interpretou a Dra. Virginia Dixon, cirurxiá con síndrome de Asperger en tres capítulos de Grey's Anatomy en 2008 e 2009.[7] En 2003, McDonnell protagonizou a miniserie Battlestar Galactica como Laura Roslin. A miniserie deu lugar a unha serie semanal en que McDonnell volveu interpretar o papel de Laura Roslin. A serie rematou en marzo de 2009. McDonnell participou nunha sesión especial titulada Battlestar Galactica no World Science Festival de 2009.[8]

En 2011, interpretou o papel de Kate Roberts, nai de Emma Roberts en Scream 4.[9]

De 2009 a 2012, McDonnell tivo un papel recorrente en The Closer como capitán Sharon Raydor, capitán de policía na Force Investigation Division, que ás veces se enfronta á personaxe de Kyra Sedgwick.[10] McDonnell recibiu unha candidatura ao Emmy en 2011 por ese papel.[11]

Despois da temporada final de The Closer en 2012 a personaxe de McDonnell continuou como protagonista do spin-off, Major Crimes, que se estreou o 13 de agosto de 2012 e rematou en xaneiro de 2018.[12]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

McDonnell casou co actor Randle Mell e xuntos tiveron dous fillos, Michael e Olivia.[13] En decembro de 2021 a parella rematou a súa relación.[14]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
1984 Garbo Talks Lady Capulet
1987 Matewan Elma Radnor
1988 Tiger Warsaw Paula Warsaw
1990 Dances with Wolves Stands with a Fist
1991 Grand Canyon Claire
1992 Passion Fish May-Alice Culhane
1992 Sneakers Liz
1994 Blue Chips Jenny Bell
1996 Independence Day First Lady Marilyn Whitmore
1996 Mariette in Ecstasy Prioress
1997 Woman Undone Terri Hansen
1998 You Can Thank Me Later Diane
1999 Mumford Althea Brockett
2001 Donnie Darko Rose Darko
2003 Nola Margaret Langworthy
2004 Crazy Like a Fox Amy Banks
2011 Scream 4 Kate Roberts
2011 Margin Call Mary Rogers
2021 The Witcher: Nightmare of the Wolf Lady Zerbst Voz

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Butkiewicz, Joe (18 de febreiro de 1993). "Mary McDonnell Nominated for Best Actress". Times Leader. Wilkes-Barre. pp. 1 & 2B. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 2017-04-06. 
  2. Family Search, consultado o 8/16/2014
  3. "Mary McDonnell". Entertainment Weekly. Consultado o 30 de novembro de 2017. 
  4. "81". 
  5. "The 63rd Academy Awards | 1991". 
  6. "The 65th Academy Awards | 1993". 
  7. "Zap2it Interview". MSNBC. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2008. Consultado o 13 de novembro de 2008. 
  8. Battlestar Galactica World Science Festival, Xuño 10–14, 2009, Nova York
  9. Creepy, Uncle (2 de xullo de 2010). "And the Body Count Continues – More Scream 4 Casting: Mary McDonnell and Alison Brie". Dreadcentral.com. Consultado o 18 de xullo de 2011. 
  10. Ausiello, Michael (22 de marzo de 2009). "'The Closer' exclusive: It's McDonnell vs. Sedgwick!". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2009. Consultado o 2 de marzo de 2009. 
  11. "Primetime Emmy Awards nominations for 2011 – Outstanding Guest Actress In A Drama Series". Emmys.com. Consultado o 18 de xullo de 2011. 
  12. Fienberg, Daniel (18 de maio de 2011). "TNT orders 'Closer' spinoff 'Major Crimes' starring Mary McDonnell". HitFix. Consultado o 31 de maio de 2011. 
  13. "Mary Mcdonnell Biography". TV Guide. 
  14. "'Battlestar Gallactica' Star Mary McDonnell & Husband Randle Mell Split". Extra. 10 de decembro de 2021. Consultado o 10 de decembro de 2021.