Tune-Yards
| Tune-Yards | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Tune-Yards (estilizado como tUnE-yArDs) é o proxecto musical da nativa de Nova Inglaterra Merrill Garbus (nada o 3 de marzo de 1979), xunto co baixista Nate Brenner. A música de Garbus inspírase nunha ecléctica variedade de fontes e utiliza elementos como pedais de bucle, ukulele, voces, e percusión lo-fi.[1] O seu álbum de 2011, Whokill, foi número 1 nese ano na enquisa de críticos Pazz and Jop da publicación The Village Voice's.[2]
O álbum Nikki Nack foi publicado en 2014, co seu primeiro sinxelo, "Water Fountain", que foi escollido por Google Pixel en 2016 para unha campaña publicitaria. O álbum I Can Feel You Creep Into My Private Life foi editado en xaneiro de 2018. O seu derradeiro traballo é unha atmosférica banda sonora para o filme Sorry to Bother You.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Bird-Brains | 2009 | Marriage Records, 4AD |
| Whokill | 2011 | 4AD |
| Nikki Nack | 2014 | 4AD |
| I Can Feel You Creep Into My Private Life | 2018 | 4AD |
| Sorry to Bother You | 2019 | 4AD |
| Sketchy | 2021 | 4AD |
| Better Dreaming | 2025 | 4AD |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Caramanica, Jon (2009-10-07). "Merrill Garbus, Backed by Self-Made Sounds, at Union Hall". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2019-12-11.
- ↑ "Pazz & Jop: Top 10 Albums By Year, 1971-2017 | The Village Voice". www.villagevoice.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2018. Consultado o 2019-12-11.