Batalla de Cernesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Cernesa
Parte de Independecia de Portugal
Data 1137, 1139 ou 1140
Lugar Cernesa ou Cerneja, preto de Limia, Galiza
Resultado Vitoria portuguesa
Belixerantes
Condado Portucalense Reino de Galiza
Líderes
Afonso I de Portugal Fernando Pérez de Traba
Rodrigo Vélaz

A batalla de Cernesa tivo lugar en Cernesa ou Cerneja, un lugar aínda sen identificar de Galiza preto da Limia, en 1139/40 ou en 1137 segundo algúns autores[1], entre o recentemente autroproclamado rei de Portugal Afonso I e os condes do reino de Galiza Fernando Pérez de Traba e Rodrigo Vélaz, loitando en nome de Afonso VII.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Tras a vitoria portuguesa na Batalla de San Mamede (1128), o conde portugués, Afonso Henriques, comezou un esforzo concertado para establecer a súa independencia, sendo cada vez máis incómodo compartir o poder coa súa nai, a condesa Tareixa, que contaba co apoio da nobreza galega e o seu amante, Fernando Pérez de Traba. A Chronica Adefonsi imperatoris sinala que "antes disto, o monarca portugués intentara a invasión de Galiza varias veces, pero sempre fora expulsado por Fernando Pérez e Rodrigo Vélaz ademais de outros dirixentes galegos. Moitas veces viuse obrigado a regresar a Portugal deshonrado".[2] Entre 1137, cando asinou o Tratado de Tui, recoñecendo a Afonso VII como o seu soberano, e 1139 Afonso I proclamouse rei de Portugal.

Batalla[editar | editar a fonte]

Nese ano, ou máis probablemente o seguinte (1140), Afonso reuniu un exército e marchou cara a Galiza, acampando preto da Limia.[3] Fernando Pérez, que controlaba a Galiza occidental, e o seu aliado Rodrigo Vélaz, que controlaba o leste, convocaron aos outros nobres galegos, cualificados como homes leais a Afonso VII, para opoñerse ao avance portugués. Na batalla posterior foron derrotados. O autor anónimo da crónica, que atribúe a súa derrota aos seus pecados, conta a expedición nun parágrafo:

Unha vez máis Afonso, rei de Portugal, reuniu o seu exército e marchou á Limia. Cando esta noticia chegou a Galicia, inmediatamente foron convocados Fernando Pérez e Rodrigo Vélaz e outros nobres galegos do Emperador. Marcharon coas súas tropas contra o rei portugués e atopáronse con el en Cernesa. Despois de trazar as liñas de batalla, comezaron a loitar. Por mor dos seus pecados os condes fuxiron e foron derrotados. Porén, Rodrigo Vélaz foi capturado por algúns cabaleiros portugueses. Foi rapidamente liberado por dous dos seus escudeiros que usaron algunha estrataxema intelixente, e así puido fuxir con eles.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ribeiro, Ângelo (2004). História de Portugal: A Formação do Território — Da Lusitânia ao Alargamento do País. ISBN 989-554-106-6. 
  2. Edward Lipskey, Glenn (1972). The Chronicle of Alfonso the Emperor. Northwestern University. 
  3. Barton, Simon (1997). The Aristocracy in Twelfth-century León and Castile. Cambridge. ISBN 9780511585128. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]