Saltar ao contido

Basílica de San Francisco de Asís

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Basílica de San Francisco de Asís
Asís Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
    La Basilica di San Francesco d'Assisi (it)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Vista nocturna
Imaxe
 Parte de
 Epónimo
Características
 Caracterizado por
 Estilo
 Dedicado a
 Relixión
 Orde relixiosa
 Rito litúrxico
 Situación patrimonial
Implicados
 Dedicado a
Datas
 Fundación / creación
1228 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Anchura
   50 m Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   80 m Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   14.563 ha Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Enderezo
Piazza San Francesco, - Assisi Editar o valor en Wikidata
 Diocese
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Código postal06081 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000122847737 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/069_q4 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+39-075-819001 Editar o valor en Wikidata
 Correo
Wikidata G:Commons C:Commons

A Basílica Papal de San Francisco (en italiano: Basilica Papale di San Francesco, en latín: Basilica Sancti Francisci Assisiensis) atópase en Asís, na rexión italiana de Umbría, e é Patrimonio da Humanidade dende o ano 2000.[1][2] Lugar da glorificación de San Francisco de Asís, distínguense nela dúas partes fundamentais: a Basílica inferior, baixa e escura, e a Basílica superior, espazosa e luminosa. Esta distribución interpretouse de xeito simbólico: a primeira representaría a vida de penitencia, mentres que a segunda simbolizaría a gloria.[3]

A basílica forma parte de todo un complexo monumental franciscano. En fronte do atrio que precede o ingreso da basílica inferior atópase o ex Oratorio de San Bernardino, construído para a Terceira orde de San Francisco por oficiais longobardos arredor da metade do século XV. Tralo portal, éntrase no Sacro Convento que, ademais da comunidade de Freires Menores Conventuais, encargados da custodia da basílica, actualmente aloxa o Instituto Teolóxico de Asís (ITA), o Instituto de Ciencias Relixiosas (ISSRA), un Centro de documentación e un importante fondo de documentos e libros especializados en temas franciscanos.

A basílica ten grande importancia dende o punto de vista relixioso, xa que é a sede da Orde Franciscana e trátase dunha parada obrigada para moitos peregrinos durante a súa viaxe a Roma, e dende o punto de vista artístico, por contar con obras como A vida de San Francisco nos frescos de Giotto.

  1. Breve historia de Asís. Patrimonio da Humanidade fratefrancesco.org (Ver "Centro de peregrinaxe e de arte, e Patrimonio da Humanidade")
  2. "Assisi, the Basilica of San Francesco and Other Franciscan Sites" (en inglés). UNESCO Culture Sector. Consultado o 29 de abril de 2015.
  3. Basílica e tumba de San Francisco Fernando Uribe (Ver "Actualización")

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]