Barei
Barei | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Bárbara Reyzábal González-Aller |
Alcume | Barei |
Nacemento | 29 de marzo de 1982 |
Lugar de nacemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | cantante, pianista e compositora de cancións |
Na rede | |
http://www.bareimusic.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Bárbara Reyzábal González-Aller, nada en Madrid o 28 de marzo de 1982, máis coñecida como Barei, é unha cantante española. Foi a representante de España no Festival de Eurovisión 2016 coa canción "Say Yay!".
Traxectoria[editar | editar a fonte]
2013-2015: Segundo álbum de estudio 'Throw The Dice'[editar | editar a fonte]
Fortemente influenciada polo pop británico e estadounidense, o funk e soul, Barei comezou a forxar novas composicións. Partindo desde os seus novos ángulos musicais e perspectivas, o seu segundo single "Another´s Life" significou a continuidade dos fitos que unen a vida dunha persoa. O desafío "Single a Single" permitiu que o seu público tivese unha relación máis próxima ás súas loitas, e compartir con ela os seus triunfos e aprendizaxe. “Another’s Life” alcanzou o Top 30 da lista de iTunes das cancións máis populares, e o seu videoclip en Youtube (que chegou a máis de 600.000 reproducións) foi titulado como un dos lanzamentos máis importantes da escena musical española.
2016-presente: Candidata a representar a España en Eurovisión 2016[editar | editar a fonte]
O 29 de decembro de 2015, RTVE anuncia que Barei é unha dos 6 candidatos para representar a España no Festival de Eurovisión 2016 que terá lugar en Estocolmo en maio de 2016. O 19 de xaneiro de 2016, déronse a coñecer fragmentos das 6 cancións candidatas a representar a España. A canción de Barei é Say Yay!, composta por ela mesma, Rubén Villanueva e Víctor Púa. Say Yay! é un up tempo en inglés e que presenta unha tendencia cara ao soul.[1] O 1 de febreiro de 2016 ás 22:30 en La 1, tivo lugar a gala de selección do representante, chamada Objetivo Eurovisión e presentada por Anne Igartiburu, que contou con xurado nacional, internacional e televoto. Barei gañou a gala Objetivo Eurovisión con 114 puntos.
Barei acabou no posto 22 no Festival de Eurovisión 2016 celebrado o 14 de maio, cun total de 77 puntos, 67 do xurado e 10 de televoto.[2]
Discografía[editar | editar a fonte]
Álbums de estudio[editar | editar a fonte]
- Billete Para No Volver (2011)
- Throw The Dice (2015)
Singles[editar | editar a fonte]
- Foolish Nana (2013)
- Throw the Dice (2015)
- You Fill Me Up (2015)
- Another's Life (2015)
- Time To Fight (2015)
- Say Yay! (2016)
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial Arquivado 02 de febreiro de 2016 en Wayback Machine.
Predecesor: "Amanecer" Edurne |
![]() España no Festival de Eurovisión 2016 |
Sucesor: "Do It for Your Lover" Manel Navarro |