Baraka (filme)
Baraka | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Baraka |
Director | Ron Fricke |
Produtor | Mark Magidson |
Guión | Constantine Nicholas Genevieve Nicholas |
Música | Michael Stearns |
Fotografía | Ron Fricke |
Montaxe | Ron Fricke Mark Magidson David Aubrey |
Estudio | Magidson Films |
Distribuidora | The Samuel Goldwyn Company |
Estrea | 24 de setembro de 1992 |
Duración | 97 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Documental |
Orzamento | $2 000 000 |
Recadación | $1 300 000[1] |
Na rede | |
Baraka é un filme documental non narrativo de 1992 dirixido por Ron Fricke. O filme foi comparado con Koyaanisqatsi, o primeiro da triloxía "Qatsi" de Godfrey Reggio para os cales Fricke exerceu como director de fotografía.[2] Foi o filme máis recente en ser fotografado en formato 70mm Todd-AO, e o primeiro filme da historia en ser restaurado e escaneado en resolución 8K.[3][4]
Contido
[editar | editar a fonte]Baraka é un filme documental sen narrativa ou voz. Explora temas a través dun recompilatorio de espectáculos naturais, vida, actividade humana e fenómenos tecnolóxicos rodados en 24 países de tódolos continentes durante 14 meses.
O filme de Ron Fricke é unha continuación do filme de Godfrey Reggio, Koyaanisqatsi de estilo semellante e sen narrativa. Fricke foi fotógrafo e colaborador no filme de Reggio, e para Baraka obrigouse a si mesmo a puír e mellorar as técnicas forográficas empregadas en Koyaanisqatsi. Rodado en 70mm, inclúe unha mestura de estilos fotográficos incluíndo slow motion e time-lapse. Dous sistemas de cámaras foron usados para conseguilo. Un sistema Todd-AO para as tomas convencionais, mais para executar as tomas time-lapse Fricke tiña unha cámara especial construída para combinar a fotografía en time-lapse con movementos perfectamente controlados.[5]
Entre as localizacións do filme encóntranse a Igrexa do Santo Sepulcro de Xerusalén, o templo Ryōan-ji de Kyoto, o lago Natron de Tanzania, os campos de petroleo en chamas de Kuwait, un volcán activo en Hawai, unha terminal de metro chea, as celebracións tribais dos masai en Kenya, e os monxes do mosteiro Dip Tse Chok Ling.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Baraka (1993)". Box Office Mojo (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2020.
- ↑ "Baraka". Rotten Tomatoes (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2008.
- ↑ "Baraka". Spirit of Baraka. Consultado o 20 de maio de 2021.
- ↑ Ebert, Roger (16 de outubro de 2008). "Great Movies: Baraka (1992)". RogerEbert.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2008. Consultado o 7 de febreiro de 2018.
- ↑ "A Conversation with Mark Magidson and Ron Fricke". IN70MM.com. Consultado o 26 de agosto de 2018.