Koyaanisqatsi
| Koyaanisqatsi | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Philip Glass | |||||||||||
|
Título
| |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Parte de
| |||||||||||
|
Xénero
| |||||||||||
|
Cor
| |||||||||||
| Autoría | |||||||||||
|
Interpretado por
| |||||||||||
|
Director/a
| |||||||||||
|
Compositor/a
| |||||||||||
|
Guionista
| |||||||||||
|
Director/a fotografía
| |||||||||||
|
Editor/a de cine
| |||||||||||
| Publicación | |||||||||||
|
Produtor/a
| |||||||||||
|
Distribuidor/a
| |||||||||||
|
Formato de distribución
| |||||||||||
|
Parte da serie
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
Koyaanisqatsi, tamén coñecido como Koyaanisqatsi: Life Out of Balance, é un filme experimental de 1982 dirixido por Godfrey Reggio. A música é obra de Philip Glass e a fotografía de Ron Fricke. O filme componse de escenas en slow motion e time-lapse de cidades e paisaxes naturais ó longo dos Estados Unidos de América. É un poema visual que non contén ningún diálogo nin narración: o seu sentido estabelécese pola xustaposición de imaxes e música. Reggio explicou a carencia de diálogo declarando "non é por falta de amor á lingua que estes filmes non teñen palabras. Débese, dende o meu punto de vista, a nosa linguaxe está nun estado de grande humillación. Xa non describe o mundo no que vivimos".[1] Na lingua hopi, a verba Koyaanisqatsi quere dicir "vida desequilibrada".[2] O filme é o primeiro da coñecida como triloxía Qatsi e foi seguido por Powaqqatsi (1988) e Naqoyqatsi (2002). A triloxía amosa diferentes aspectos da relación entre humanos, natureza e tecnoloxía. Koyaanisqatsi é o máis coñecido da triloxía e é considerado un filme de culto.[3] Porén, por mor de temas de dereitos de autoría, o filme estivo fóra de publicación durante a maior parte da década de 1990.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carson, Greg (director) (2002). Essence of Life (DVD). MGM Home Entertainment.
- ↑ "Film: Koyaanisqatsi". Consultado o 26 de xaneiro de 2017.
- ↑ The Michigan Daily (ed.). "Cult Koyaanisqatsi blends music, film" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2018.
- ↑ Spirit of Baraka, ed. (21 de maio de 2007). "Koyaanisqatsi". Consultado o 28 de maio de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Koyaanisqatsi na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Criterion (en inglés)