Banel et Adama
Banel et Adama | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Banel et Adama |
Director | Ramata-Toulaye Sy |
Produtor |
|
Guión | Ramata-Toulaye Sy |
Intérpretes |
|
Música | Bachar Mar-Khalifé |
Fotografía | Amine Berrada |
Montaxe | Vincent Tricon |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | Festival de Cannes: 20 de maio de 2023 |
Duración | 87 minutos[1] |
Orixe | Senegal Francia Malí |
Xénero | Drama romántico |
Na rede | |
Banel et Adama é un filme senegalés de 2023 dirixido por Ramata-Toulaye Sy, no seu debut como directora. É unha coprodución entre o Senegal, Francia e Malí. Estreouse o 20 de maio de 2023 o Festival Internacional de Cinema de Cannes. Foi escollido como candidato do Senegal para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[2][3] mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse[editar | editar a fonte]
Banel e Adama son dous mozos que viven nunha remota aldea do norte do Senegal. Adama é tranquilo e introvertido, mentres que Banel é apaixonada e rebelde. Adama e Banel namóranse e deciden vivir separados das súas familias para poder vivir xuntos. Cando Adama se nega a cumprir o seu dereito de nacemento para servir como futuro líder da aldea, xorde o caos na comunidade.
Personaxes[editar | editar a fonte]
- Khady Mane como Banel
- Mamadou Diallo como Adama
- Binta Racine Sy
- Moussa Sow
- Ndiabel Diallo
- Oumar Samba Dia
- Amadou Ndiaye
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "BANEL E ADAMA". Festival de Cannes. Consultado o 7 de maio de 2023.
- ↑ "Facebook". www.facebook.com. Arquivado dende o orixinal o 2023-10-05. Consultado o 2023-10-02.
- ↑ "European titles submitted for the Oscars race". Cineuropa (en inglés). 17 de outubro de 2023. Consultado o 21 de outubro de 2023.