Bagamoyo
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Tanzania | |||
| Rexión | Pwani | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 35.000 | |||
| Xeografía | ||||
| Altitude | 0 m | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Fuso horario | ||||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
Bagamoyo é unha cidade de Tanzania que se fundou a finais do século XVIII. Foi a capital da África Oriental Alemá, actualmente conta con 30 000 habitantes e é a capital do distrito de Bagamoyo.
Historia
[editar | editar a fonte]A cinco quilómetros de Bagamoyo permanecen as ruínas de Kaole, do século XIII no que se demostra a influencia do islam na zona, ata o século XVIII Bagamoyo foi un pequeno centro comercial local, a finais dese século Magimba in Oman e a súa familia instálase na vila e impón taxas á poboación nativa e comercia co sal. Nas mediadas do século XIX Bagamoyo convértese nun porto exportador de marfil e escravos, e aínda que oficialmente o comercio de escravos finalizou en 1873, o comercio deles en Bagamoyo continuou ata o comezo do século seguinte.
En 1891 converteuse na capital da África Oriental Alemá, en 1915 os británicos atacaron a cidade ata que a gornición alemá se rendeu.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bagamoyo |
