Bad Tölz
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Bad Tölz é unha cidade da Alemaña, capital do distrito de Bad Tölz-Wolfratshausen, na rexión administrativa de Oberbayern, estado de Baviera. A cidade é unha estancia termal moi coñecida na Alemaña.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Bad Tölz fica no val do río Isar (en alemán: Isartal), á entrada do chamado Isarwinkel (ángulo do Isar). A cidade é localizada a 50 km a sur de Múnic. Os municipios veciños son:
- a Sur: Gaißach, Wackersberg, Lenggries
- a Norte: Königsdorf, Sachsenkam, Dietramszell, Geretsried
- a Leste: Greiling, Reichersbeuern, Waakirchen
- a Oeste: Bad Heilbrunn
Historia[editar | editar a fonte]
- 1331 A poboación de Tölz recibe o dereito a estabelecer un mercado do Emperador Ludwig o bávaro.
- 1453 Un gran incendio destrúe a Marktstraße (rúa principal), igrexa e fortificación.
- 1845 Descubrimento de fontes de Iodo na montaña Sauersberg.
- 22 de xuño de 1899 Tölz recibe o título de Bad (concedido á poboacións con estancia termal).
Personalidades[editar | editar a fonte]
- Thomas Mann (escritor, posuíu aquí unha casa de vacacións)
- Klaus Mann (escritor, fillo de Thomas Mann, pasou aquí parte da súa infancia)
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bad Tölz |